O xerente do GDR Pontevedra Norte, Ramiro Ruibal, participa esta semana en Nessebar (Bulgaria) nun evento pertencente ao “Programa Europeo Erasmus + Panhera” no cal participan entidades doutros 5 países (Noruega, Bulgaria, Italia, Turquía e Grecia).
No mesmo, os diferentes axentes territoriais seguirán traballando no desenvolvemento de novas metodoloxías de traballo cara a propoñer boas prácticas e actuacións aos axentes turísticos co propósito de crear un entorno rural mais atractivo para peregrinos e outras modalidades de turistas, ofrecendo novas experiencias acordes co entorno rural.
Durante as xornadas, os socios contrastarán diferentes fórmulas de acercamento e oferta aos visitantes, e estudarán cuestións acerca da mobilidade no territorio, o acercamento dos recursos histórico- artístico, a gastronomía, etc…
Ramiro Ruibal, pola súa banda, presentará o traballo desenvolvido polo GDR Pontevedra Norte en relación coas certificacións de calidade turística, destacando a súa aposta polo compromiso de calidade Turística “SICTED” como fórmula de implantar no territorio do Xeodestino Deza-Tabeirós un turismo de calidade. Así mesmo, propúxose aos 5 países restantes unha serie de manuais de boas prácticas e guías online que posibiliten a mellora continua dos establecementos turísticos existentes.
O vindeiro 14 de xuño, o GDR 16 organizará en Lalín un evento internacional deste proxecto Erasmus + Panhera, a onde asistirán representantes de todos os países participantes.