skip to Main Content
CLAUSURA DO PROGRAMA EUROPEO ERASMUS+ PANHERA

CLAUSURA DO PROGRAMA EUROPEO ERASMUS+ PANHERA

Lalín acolle a conferencia final do proxecto “Programa Europeo Erasmus+ Panhera” coa representación de todos os países participantes.

O presidente do GDR e alcalde de Lalín, José Crespo, clausura o “Programa Europeo Erasmus + Panhera” xunto cos representantes dos concellos do territorio do GDR, Manuel Cuíña, alcalde de Silleda; Verónica Pichel, alcaldesa de Forcarei; e Pablo Sobrado, que asiste en representación de Rubén Quintá, alcalde de Rodeiro.

O programa Erasmus+Panhera nace co obxectivo fundamental de mellorar as competencias e habilidades das persoas que xestionan os centros de aloxamento (pensións, hoteis, centros de retiro, aloxamento en mosteiros, etc.) e así mellorar a calidade dos servizos de acollida ao longo dos itinerarios relixiosos e culturais, como as rutas de peregrinaxe.

No acto de clausura realizáronse unha serie de conferencias nas que participaron o xerente do GDR Pontevedra Norte, Ramiro Ruibal, e outras entidades de países como Noruega, Bulgaria, Italia, Turquía e Grecia. Durante a xornada, os diferentes conferenciantes compartiron posturas sobre o propósito de crear un entorno rural máis atractivo para peregrino e outras modalidades turísticas, ofrecendo novas experiencias acordes coa contorna rural.

Así mesmo, fíxose fincapé no traballo levado a cabo no GDR Pontevedra Norte acerca das boas prácticas de aloxamento de visitantes e as experiencias levadas acabo no ámbito do marketing turístico. O presidente do GDR destacou que “o traballo realizado neste proxecto demostra que a relación entre os diferentes socios foi moi útil para establecer novas fórmulas de atención aos visitantes no noso territorio, o cal fortalecerá lazos entre os diferentes países participantes e, sen dúbida, redundará na mellora da oferta en canto a calidade dos nosos establecementos”. Afirmou así mesmo que dende xa, o GDR traballará na presentación dunha segunda parte do actual Erasmus + Panhera ou en outros proxectos de semellante índole que poidan supoñer un impulso a actividade turística.

Así mesmo, os representantes dos Concellos de Forcarei, Rodeiro e Silleda, tamén afirmaron a necesidade de profundizar mais se cabe na promoción dos seus concellos empregando para o mesmo o papel clave dos diferentes camiños e rutas xacobeas que atravesan os seus territorios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Back To Top