Socios
Ponorte > Socios
PRINCIPIO DE PORTAS ABERTAS
Ficha a cumprimentar para solicitar a incorporación como socio/a.
Requisitos e procedemento para a adquisición e perdida da condición de asociado.
- Para que unha entidade teña a condición de asociado/a deberá figurar na lista de fundadores o ben, unha vez constituída a asociación, solicitar o ingreso mediante un escrito dirixido ao presidente/a no que manifeste a vontade expresa de adherirse á asociación e de comprometerse coa consecución dos fines estatutarios. Debe aportar, ademais un acordo do órgano competente da entidade que exprese a votade de ser asociado/a e a persoa titular suplente, que a representará na asociación.
- Cando un candidato/a a ser asociado/a non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación de esta asociación deberá demostrar que desenvolve unha actividade relevante e consolidada no tempo nese ámbito territorial.
- Cando unha entidade solicite a entrada na asociación deberá acreditar un ano de actividade no ámbito territorial da asociación.
- O/a presidente/a trasladara a solicitude á Xunta Directiva, que deberá resolver nun prazo non superior a dous meses desde a data de presentación, adscribíndoo se é posible polas características dos seus socios/as e/o obxecto social, ao solicitante nun dos colectivos seguintes: de mulleres; mozos; acción social; protección, conservación e mellora do medio ambiente; empresarios e asociacións profesionais; asociacións do sector agrario, incluíndo organizacións profesionais agrarias; asociacións do sector cultural; segundo o seu interese preferente.
- Non adquiren a condición de asociado/a tanto os fundadores como os membros que se incorporen con posterioridade mentres no satisfagan a cota de entrada establecida e as débedas pendentes coa asociación.
Por outro lado, tal e como se indica no Artigo 8. Perda da condición de asociado/a.
- Por decisión voluntaria do/da asociado/a, comunicada por escrito ao presidente/a.
- Por sanción imposta pola xunta directiva, de forma motivada e con audiencia do interesado/a, por incumprimento grave o reiterado das obrigas inherentes á condición de asociado/a. O acordo de expulsión notificarase por escrito e contra el caberá recurso ante a primeira asemblea xeral que se realice.
- Por extinción da persoa xurídica representada na asociación.
Con todo a baixa da asociación por calquera motivo, non exime ao asociado de satisfacer obrigas e compromisos de calquera natureza que tivera pendente.
Sistema de participación
- Órganos colexiados: Como mínimo a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.
- Órganos unipersoais: Como mínimo Presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro, que serán elixidos pola xunta directiva de entre o seus membros por un período de dous anos reelixibles ata un máximo de 8 anos consecutivos.
Porcentaxe de participación de entidades públicas e privadas nos órganos de decisión
Para os efectos de adopción de acordos, tanto nas reunións de xunta directiva como nas asembleas os órganos decisorios só estarán validamente constituídos cando os representantes do sector privado supoñan como mínimo o 51% dos membros presentes ou representados.
Mecanismos de participación dos asociados.
- A asemblea xeral reunirase con carácter ordinario polo menos unha vez ao ano para aprobar, como mínimo, as contas e orzamentos.
- A asemblea xeral poderá reunirse tamén con carácter extraordinario mediante convocatoria do/da presidente/a, por propia iniciativa, por acordo da xunta directiva o cando o solicite un número de asociados/as non inferior ao 10%.
Sistema de toma de decisións
- Farase unha declaración expresa, asinada por tódalas persoas que participen na selección do proxecto, na que se sinale que non teñen ningún interese persoal o profesional directo na selección do citado proxecto.
- Se un membro do comité de avaliación ou decisión ten algún tipo de relación profesional ou persoal co promotor do proxecto, o calquera interese profesional ou persoal nel, presentará unha declaración escrita explicando a natureza da relación ou interese. Calquera interese común deberá declararse, incluídos os familiares, afectivos, políticos ou económicos.
- Se un membro do comité de avaliación ou decisión atópase na situación descrita no parágrafo anterior, non poderá participar no proceso de avaliación ou selección, nin estar presente durante o debate da proposta do proxecto. Esta circunstancia documentarase nas seguintes actas.
- Cando exista dúbida sobre o interese común entre algún membro do comité de avaliación ou selección, remitirase o asunto a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural- AGADER- para que adopte unha decisión sobre a efectiva existencia dun conflito de intereses.
De cada una das reunións levantarase a correspondente acta, que certificará o secretario co visto bo do presidente.