Loader

Estatutos

Ponorte > Estatutos

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL "TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE"

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE

 

 

TÍTULO l. DENOMINACIÓN E RÉXWIE LEGAL

Artigo 1. Denominación

Procédese a modificar os estatutos da Asociación de Desenvolvemento Rural terras de Pontevedra Norte, n g 2009-12690-1 asociación que carece de ánimo de lucro, con CIF G36591717 e inscrita no rexistro de asociacións o provincial de Pontevedra.

Os beneficios que obteña por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento dos fins da asociación, sen que se poidan repartir entre os asociados/as nin outras persoas físicas ou xurídicas con fin lucrativo.

Artigo 2. Réxime legal

A asociación rexerase polo artigo 22 da Constitución, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, polo Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o regulamento do Rexistro Nacional de asociacións (BOE n g 255 , do 24 de outubro de 2015) por estes estatutos e polo regulamento o de réxime interno que, de ser o caso, se aprobe, así como polos acordos validamente adoptados na asemblea xeral e órganos directivos dentro da esfera da súa respectiva competencia.

TíTULO ll. DOMICILIO SOCIAL E ÁMBITO DE ACTUACIÓN.

Artigo 3. Domicilio

A asociación fixa o domicilio social en Polígono Industrial Lalín 2000, Rúa E s/n 36519 Lalín Pontevedra. o Artigo 4. Ámbito de actuación

A asociación terá como ámbito de actuación preferente o dos concellos de A Estrada, Agolada, Dozón, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra, sen prexuízo de que poida estenderse por necesidades operativas dos seus programas e actividades.

TÍTULO III. FINS E ACTIVIDADES

Artigo 5. Fins e actividades.

5.1.- A asociación constitúese coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para acadar o seguintes fins:

  1. Vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobres os problemas da zona, prestando especial atención aos mozos/as, ás mulleres, á protección do ambiente e á creación de emprego.
  2. Sensibilizar ás administración locais, autonómica e estatal, así como ás institucións comunitarias europeas, canalizando as demandas da poboación do territorio, co obxecto de optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos da zona de cara ao seu desenvolvemento harmónico e integral.
  3. Ser centro receptor e distribuidor de toda a información relativa ao desenvolvemento socioeconómico do medio rural, tanto no ámbito nacional coma internacional, centrándose este labor principalmente no coñecemento dos recursos e promoción de proxectos, e iniciativas de interese para lograr un desenvolvemento harmónico, equilibrado, endóxeno, sostible e integral.
  4. Posibilitar entre os/as asociados/as e outros/as interesados/as a cooperación o intercambio de experiencias e metodoloxías de animación e desenvolvemento socioeconómico.
  5. Potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos da zona.
  6. Concienciar a poboación da necesidade de protexer o ambiente e o contorno rural, e tomar parte activa niso, mediante actividades orixinais e innovadoras.
  7. Formular e transmitirlle a poboación a estratexia adecuada para lograr o desenvolvemento da zona, así como promover a súa aplicación.
  8. Articular unha dinámica de participación baseada no principio de portas abertas que facilite o desenvolvemento tanto social como económico.
  9. Promover e soster a cooperación ao desenvolvemento no medio rural,
  10. Formación e habilitación de competencias dos axentes locais.
  11. Asesoramento científico e técnico.
  12. Elaboración de estudios e proxectos.
  13. A conservación, a recuperación, promoción e difusión do Camiño de Santiago e outros itinerarios culturais.
  14. Participar en proxectos de cooperación interterritorial, transnacional e outros proxectos europeos como internacionais,
  15. Fomentar o turismo como sector de actividade sostible nas áreas rurais como medio para aproveitar os recursos dos territorios locais.
  16. Realizar calquera outra acción que teña que ver co desenvolvemento territorial do territorio de actuación.

5.2.- Para acadar estes fins, a asociación poderá desenvolver as seguintes actividades:

  1. Desenvolver iniciativas dirixidas a frear o éxodo rural, así como a fomentar a creación de emprego.
  2. Sensibilizar o tecido socioeconómico da zona sobre os problemas, recursos, accións e proxectos que contribúan ao seu desenvolvemento.
  3. Organizar, promover, coordinar e realizar todo tipo de actividades socioculturais, tales como seminarios, conferencias, xornadas, investigacións e estudos relativos aos problemas de desenvolvemento da zona, así como editar, no seu caso, todo tipo de material en soporte escrito audiovisual ou informático, de carácter especializado, didáctico ou, simplemente divulgativo.
  4. Solicitar ante calquera instancia e executar, no seu caso, a realización de calquera actividade, programa ou proxecto relacionado cos obxectivos da asociación.
  5. Proxectar, preparar e executar cantas accións ou actividades sexan necesarias para acadar unha axeitada formación e posta ao día permanente de todos os colectivos vinculados ao desenvolvemento rural, especialmente dos membros da asociación.
  6. Promover o intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo, así como a busca de liñas de actuación conxunta con entidades análogas, nacionais ou internacionais.
  7. Levar a cabo as campañas de difusión e publicidade que se estimen necesaria.
  8. Recoller, tratar, difundir e intercambiar documentación e información relativa ao desenvolvemento rural a través dos medios adecuados.
  9. Implicarse na xestión de programas de desenvolvemento do seu territorio.
  10. Promover directamente actuacións e proxectos que incidan no desenvolvemento do territorio de actuación.
  11. Calquera outra actividade que poida resultar necesaria ou consecuente coas anteriores.
  12. Atender as necesidades de formación existentes no medio rural.
  13. Promover a cultura de formación nas áreas rurais, a través da planificación, estruturación e impartición de formación especializada en diferentes sectores de actividade da economía rural, e especialmente a través da formación – desenvolvemento e especialización dos profesionais.
  14. Promover e fomentar iniciativas económicas e/ou culturais que favorezan a creación de establecementos nos distintos ámbitos do medio rural: agricultura, artesanía, pequena industria, e servizos, que axuden a consolidar territorios sostibles e eviten o despoboamento.
  15. Contribuír ao desenvolvemento e mantemento do patrimonio natural e paisaxísticos das áreas rurais.
  16. Deseñar e desenvolver estratexias para o desenvolvemento do territorio.
  17. Impulsar a creación de novos itinerarios o rutas culturais y/ou turísticas.
  18. Axudar á cooperación entre o poder público e o privado.
  19. Realizar calquera outra acción que teña a ver co desenvolvemento territorial do territorio de actuación.
  20. A súa actividade axustase aos principios de colaboración, obxectividade, imparcialidade, eficacia, eficiencia, transparencia, publicidade e libre concorrencia.

TÍTULO IV. ASOCIADOS/AS

Artigo 6. Composición

6.1.- A Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte estará integrada por un conxunto equilibrado e representativo dos interlocutores dos diferentes sectores socioeconómicos, tanto públicos como privados, con arraigamento no ámbito de actuación da asociación, debendo ter tamén un carácter equilibrado e representativo no ámbito territorial.

Non poderán formar parte da asociación as persoas físicas e as sociedades mercantís, excepto as seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais.

Poderán ser socias, entre outras, as comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común, sempre que se pronuncie expresamente a favor a súa asemblea xeral, as asociacións e organizacións profesionais, as entidades sen ánimo de lucro e as organizacións profesionais agrarias con presenza no ámbito de actuación da asociación.

Rexerá o principio de portas abertas, de xeito que se garanta permanentemente a incorporación de asociados/as.

6.2.- Para os efectos de adopción de decisións, nin as autoridades públicas ni ningún grupo de intereses concreto representará máis do 49 % dos dereitos de voto na toma de decisións.

Artigo 7. Adquisición da condición de asociado/a

7.1.- Para que una entidade teña a condición de asociado/a deberá figurar na lista de fundadores ou ben, unha vez constituída a asociación, solicitar o ingreso mediante un escrito dirixido ao presidente/a no que manifeste a vontade expresa de adherirse á asociación e de comprometerse coa consecución dos fins estatutarios. Debe achegar, ademais, un acordo do órgano competente da entidade que exprese a vontade de ser asociado/a e a persoa, titular e suplente, que a representará na asociación.

7.2.- Cando un/unha candidato/a a ser asociado/a non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación desta asociación deberá demostrar que desenvolve unha actividade relevante e consolidada no tempo nese ámbito territorial.

7.3.- Cando unha entidade solicite a entrada na asociación deberá acreditar un ano de actividade no ámbito territorial da asociación.

7.4.- O/A presidente/a trasladaralle a solicitude á Xunta directiva, que deberá resolver nun prazo non superior a dous meses dende a data de presentación, adscribíndoo, se é posible polas características dos seus socios e/ou do obxecto social, ó solicitante a un dos colectivos seguintes: de mulleres; mozos; acción social; protección conservación e mellora do medio ambiente; empresarios e asociacións profesionais; asociacións do sector agrario incluíndo organizacións profesionais agrarias; as asociacións do sector cultural; segundo o seu interese preferente.

Contra o acordo denegatorio da admisión a solicitante poderá recorrer ante a primeira asemblea xeral que teña lugar, e deberá figurar este asunto expresamente na orde do día correspondente.

7.5.- Non adquiren a condición de asociado/a tanto os fundadores como os membros que se incorporen con posterioridade mentres non satisfagan a cota de entrada establecida e as débedas pendentes coa asociación.

7.6.- Establécese unha cota anual para cada socio/a do ámbito privado,

Os/As socios/as do ámbito público debera satisfacer unha cota que se calculará en función dos habitantes inscritos no Padrón municipal de habitantes dos correspondentes concellos, pero este importe nunca será inferior a unha cantidade mínima anual, independentemente dos habitantes destes.

Artigo 8. Perda da condición de asociado/a

A baixa da asociación por calquera motivo non exime ao asociado/a de satisfacer as obrigas e compromisos de calquera natureza que tivera pendentes. Perderase a condición de asociado/a:

  1. Por decisión voluntaria do/da asociado/a, comunicada por escrito ao presidente/a.
  2. Por sanción imposta pola xunta directiva, de xeito motivado e con audiencia do interesado/a, por incumprimento grave ou reiterado das obrigas inherentes á condición de asociado/a. O acordo de expulsión notificarase por escrito e contra el caberá recurso ante a primeira asemblea xeral que se realice.
  3. Por extinción da persoa xurídica representada na asociación.

Artigo 9. Dereitos dos/das asociados las:

Os/as asociados/as teñen os seguintes dereitos:

  1. Elixir e ser elixidos para formar parte da xunta directiva e doutros órganos que se poidan crear,
  2. Participar con voz e con voto na asemblea xeral.
  3. Obter información sobre calquera aspecto da marcha da asociación que lle poida resultar de interese.
  4. Os demais que resulten das normas legais e dos estatutos da asociación, ou dos acordos validamente adoptados polos seus órganos sociais,
  5. Participar nas actividades da asociación.
  6. Ser oídos con carácter previo a adopción de medidas disciplinarias contra eles/as e ser informados dos feitos que dean lugar a tales medidas.
  7. Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estimen contrarios á lei ou aos estatutos.

Para poder participar na asemblea xeral e nas actividades da asociación será necesario estar ao corrente no pagamento das cotas.

Artigo 10. Obrigas dos/das asociados/as

Son obrigas dos/das asociados/as:

  1. Satisfacer a cota de entrada e de mantemento.
  2. Asistir ás asembleas xerais e acatar os estatutos e os acordos validamente adoptados polos órganos sociais. c) Ocupar os cargos para os que resulten elixidos/as e desempeñar fielmente as obrigas inherentes a eses cargos.
  3. Participar e realizar cantas tarefas Iles encomenden a asemblea xeral, a xunta directiva, ou dos grupos de traballo dos que formen parte ou outros órganos que se creen.
  4. Ausentarse nos debates e votacións sobre asuntos nos que teñan interese directo por motivos de titularidade, económicos ou societarios, de parentesco até o terceiro grao de consanguinidade, afinidade ou adopción, ou de amizade íntima ou inimizade manifesta.
  5. Ausentarse nas votacións e na toma de decisións, os representantes das entidades directamente interesadas nun asunto.
  6. Garantirse que se evite calquera conflito de intereses, na toma de decisións na concesión de axudas nos proxectos Leade.

Para que as declaracións de intereses queden perfectamente documentadas, sempre que algún membro dos órganos decisorios teña algún tipo de relación profesional e/ou persoal co promotor do proxecto ou calquera tipo de interese persoal e/ou profesional no proxecto obxecto da votación, se arbitrará o seguinte mecanismo:

    1. Farase unha declaración expresa, asinada por todas as persoas que participen na selección dun proxecto, na que se sinale que non teñen ningún interese persoal ou profesional directo na selección do citado proxecto.
    2. Se un membro do comité de avaliación ou decisión ten algún tipo de relación profesional ou persoal co promotor do proxecto, ou calquera interese profesional ou persoal nel, presentara unha declaración escrita explicando a natureza da relación ou interese. Calquera interese común deberá declararse, incluídos os familiares, afectivos, políticos ou económicos.
    3. Se un membro do comité de avaliación ou decisión se atopa na situación descrita no parágrafo anterior, non poderá participar no proceso de avaliación ou selección, nin atoparse presente durante o debate da proposta do proxecto. Esta circunstancia documentarase nas correspondentes actas.
    4. Cando exista dúbida sobre o interese común entre algún membro do comité de avaliación ou, selección remitirase o asunto á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural — AGADER – para que o adopte unha decisión sobre a efectiva existencia dun conflito de intereses.
  1. Fomentar os obxectivos que promove a asociación.
  2. Cumprir os demais deberes que resulten dos preceptos legais e estatutarios ou dos acordos que validamente adopten os órganos sociais.

TÍTULO V. ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN.

Artigo 11. Órganos da asociación.

Os órganos colexiados da asociación son, a asemblea xeral e a xunta directiva.

Os órganos unipersoais son: o/a presidente/a, o/a vicepresidente/a, o/a secretario/a, tesoureiro/a.

Os titulares dos órganos colexiados da asociación e dos órganos unipersoais son elixidos pola ASAMBLEA XERAL de entre os seus membros por un período de catro anos, e poden ser reelixidos ata un máximo de oito anos consecutivos.

Artigo 12. Asemblea xeral: composicións e funcións.

12.1.- A asemblea xeral é o órgano supremo de goberno da asociación e estará integrada por todos/as asociados/as.

12.2.- A asemblea xeral é o órgano competente sobre os seguintes asuntos:

  1. Aprobación das contas do exercicio anterior e do orzamento do exercicio seguinte.
  2. Aprobación da memoria de actividades e das actividades que se van a realizar.
  3. Solicitude de declaración de utilidade pública.
  4. Establecemento do número, composición e representatividade dos órganos da asociación que se creen.
  5. Nomeamento dos membros da xunta directiva e cesamento anticipado de calquera deles.
  6. Decidir sobre cantas cuestións afecten a boa marcha da entidade e que sometan á súa consideración a xunta directiva ou os/as asociados/as como rogos ou preguntas.
  7. Constitución de federacións ou integración nelas.
  8. Acordar a contía das cotas de ingreso e periódicas e a súa forma de pagamento. A asemblea poderá acordar establecer importes diferentes para asociados/as públicos/as e privados/as. A contía da cota de ingreso será igual á achega fundacional, e a asemblea poderá establecer unha actualización anual non superior ao IPC.
  9. Aprobación do regulamento de réxime interior.
  10. Aprobación e modificación dos estatutos sociais.
  11. Disolución da asociación.
  12. Disposición ou alleamento de bens.

Artigo 13. Asemblea xeral: convocatorias

13.1. A asemblea xeral reunirase con carácter ordinario polo menos unha vez ao ano para aprobar, como mínimo, as contas e orzamentos. A convocatoria realizaraa o/a presidente/a con quince días de antelación, polo menos á data de reunión, achegando a orde do día coa convocatoria.

13.2.A asemblea xeral reunirase con carácter extraordinario mediante convocatoria do/a presidente/a, por propia iniciativa, por acordo da xunta directiva ou cando o solicite un número de asociados/as non inferior ao 10%. A petición dos/as asociados/as realizaranse mediante escrito dirixido ao presidente/a, autorizado coa sinatura dos/das peticionarios/as, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do dia. Cando non se convoque transcorridos dez días dende o da petición, os/as peticionarios/as poderán facer a convocatoria. A asemblea xeral así convocada poderá desenvolverse elixindo ao inicio dela un/unha presidente/a e un/unha

secretario/a. Se o carácter da asemblea é urxente poderá convocarse con menos tempo.

  1.  As asembleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando a elas concorran, presentes ou representados/as, a maioría dos/as asociados/as e, en segunda convocatoria, pasada media hora dende a fixada para a reunión en primeira convocatoria, calquera que sexa o número de asociados/as concorrentes. Para os efectos de adopción de acordos, os órganos decisorios só estarán validamente constituídos cando os representantes do sector privado supoñan como mínimo 0 51 % dos membros presentes ou representados.
  2. Os asociados deberan ausentarse nos debates e votacións sobre asuntos nos que teñan interese directo por motivos de titularidade, económicos ou societarios, de parentesco até o terceiro grao de consanguinidade, afinidade ou adopción, ou de amizade íntima ou inimizade manifesta.

  3. De cada unha das reunións realizadas levantarase a correspondente acta, que certificará o/a secretario/a co visto e prace do/a presidente/a.

  4. A asistencia á asemblea poderá ser presencial e telemática cando se habilite a posibilidade por parte do GDR.

Artigo 14. Asemblea xeral: adopción de acordos

  1. Cada asociado/a terá dereito a un voto.
  2. Os acordos sobre os asuntos sinalados nas letras a) a h) do apartado 2 do artigo 12 aprobaranse por maioría simple dos/as asociado/as presentes ou representados/as. No obstante, requirirase maioría de dous terzos dos/as asociados/as presentes ou representados/as para decidir sobre os asuntos sinalados nas letras i) a l) do apartado 2 do artig012..
  3. Os acordos adoptados obrigarán a todos/as os/as asociados/as, incluso aos non asistentes. Os acordos acreditaranse mediante certificacións expedidas polo/a secretario/a co visto e prace do/a presidente/a.

Artigo 15. Xunta directiva: composición

  1. A xunta directiva é o órgano con facultades xestoras, executivas e de representación da asociación.
  2. A xunta directiva da asociación estará formada polos/as representantes dos/as asociados/as elixidos pola asemblea xeral e constará de 21 membros. Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e 17 vogais, cunha duración de 4 anos. En todo caso, na xunta directiva deberán estar representadas, polo menos, os seguintes colectivos, sempre e cando sexan socios e desexen formar parte da citada xunta directiva.
    1. As asociacións de mullere,
    2. As asociacións de mozos/as,
    3. As asociacións de acción social,
    4. As asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de maneira prioritaria, conservación e/ou mellora do medio ambiente,
    5. As asociacións do sector agrario, incluíndo as organizacións profesionais agrarias,
    6. As asociacións de empresarios e as asociacións profesionais,
    7. As asociacións do sector cultural
    8. E o sector público

O número de representantes do sector privado sempre debe ser superior ao número de representantes do sector público.

15.3. Os membros da xunta directiva cesarán nos seus cargos por falecemento, por renuncia voluntaria, por transcurso do prazo do mandato, pola extinción ou baixa na asociación da entidade á que representen, por perder a condición de representante da entidade á que representen ou por acordo da asemblea xeral,

O cesamento levará consigo a obriga de poñer ao día ao sucesor e, eventualmente, de entregarlle a documentación pertinente.

As vacantes que se produzan na xunta directiva cubriranse cos representantes dos/as asociados/as que elixa a asemblea xeral segundo o colectivo e o sector público ou privado ao que pertencera o seu antecesor/a.

15.4. Nas reunións da xunta directiva, naquelas cuestións relacionadas co programa LEADER que figuren na orde do día, poderá participar, con voz, pero sen voto, una persoa técnica en desenvolvemento rural designada Q) pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Artigo 16. Xunta directiva: funcións

A xunta directiva é o órgano competente para:

  1. Executar os acordos da asemblea xeral.
  2. Acordar o executar as accións de goberno e administración da asociación.
  3. Propoñer ou conceder axudas no marco de programas ou proxectos que xestione a asociación.
  4. Adoptar as medidas precisas para o cumprimento dos fins estatutarios e, en xeral, para a boa marcha da asociación.
  5. Elaborar o informe económico anual, o orzamento, a memoria e o plan de actividades para a súa representación na asemblea xeral.
  6. Interpretar os preceptos contidos nos estatutos e no regulamento de réxime interno, de habelo.
  7. Organizar e coordinar as actividades e distribuír os traballos e responsabilidades entre olas asociados/as.
  8. Elaborar o regulamento de réxime interior.
  9. A admisión e separación de asociados/as.
  10. Cantas deriven da lexislación ou estatutos e, en xeral, cantas facultades non estean reservadas por aquela ou por estes a outros órganos sociais, así como as delegadas pola asemblea xeral.
  11. Acordar as convocatorias das asembleas xerais extraordinarias.

Artigo 17. Xunta directiva:

Convocatoria e adopción de acordos 

17.1.A xunta directiva reunirase en calquera momento mediante convocatoria do/a presidente/a, por propia iniciativa ou por instancia motivada de calquera dos seus membros, cun preaviso de 7 días naturais de antelación, e indicará os asuntos que se van tratar na orde do día.

17.2. Entenderase validamente constituída en primeira convocatoria cando a ela concorran a maioría dos membros ou, en segunda convocatoria, pasada media hora dende a fixada para a reunión en primeira convocatoria, calquera que sexa o número de membros concorrente. En todos os casos os membros do sector privado deberán representar máis do 51 % dos votos totais. Poderán asistir ás sesións da xunta directiva, con voz pero sen voto, persoas ou entidades alleas á xunta directiva cuxo asesoramento sexa de interese para a adopción de acordos.

17,3. Cada un dos membros da xunta directiva deberá nomear un suplente para o caso de ausencia, podendo tamén delegar, por escrito, noutros membros do sector público ou privado, segundo o sector ao que pertenza U) o ausente, cando non poidan asistir o titular e o suplente.

17.4. No proceso de toma de decisións, cada membro da xunta directiva ten un voto.

17.5. Os acordos adoptaranse por maioría simple.

17.6. Na toma de decisións, os representantes das entidades directamente interesadas no asunto non poderán estar presentes nas deliberacións e votacións. Por outra parte, deberá garantirse que se evite calquera conflito de intereses, de xeito que se arbitrará un mecanismo para que, nas tomas de decisións dos órganos das organizacións solicitantes, as declaracións de intereses queden perfectamente documentadas e formen parte do expediente.

Artigo 18. Presidente/a

O/A presidente/a desempeña a representación legal da asociación, tanto en xuízo como fóra del, e ten o voto de calidade en caso de empate nas votacións. Terá como funcións:

  1. Dirixir, ordenar e arbitrar os debates da asemblea xeral, da xunta directiva, así como convocar as súas reunións, presidilas e fixar a orde do día.
  2. Ordenar os pagos da entidade ao asinar de xeito mancomunado cun dos seguintes cargos: ou co Tesoureiro/a ou co Vicepresidente/a ou o ou co Secretario/a.
  3. Autorizar coa súa sinatura os escritos e comunicacións necesarios para o funcionamento da asociación así como visar os documentos que autorice o/a secretario/a, especialmente se teñen carácter de certificacións.
  4. Asumir e realizar tantas encomendas como lle sexan encargadas por acordo da xunta directiva ou da asemblea xeral.
  5. Visar as actas das reunións e vixiar a execución dos acordos adoptados.
  6. Todas aquelas funcións que lle sexan atribuídas no regulamento do réxime interno.
  7. Subscribir contratos a nome da asociación, outorgar poderes a terceiros, interpoñer reclamacións en vía administrativa a ante a xurisdición ordinaria e as especiais, aceptar donativos, legados, herdanzas a beneficio de inventario, exercitar accións e opoñer excepcións.
  8. Coordinar todas as actividades que constitúen o obxecto da asociación.
  9. Exercer a xefatura do cadro de persoal da entidade.

Artigo 19. Vicepresidente/a

O/A vicepresidente/a, en ausencia do/a presidente/a, exercerá todas as funcións e atribucións encomendadas a este.

Poderá ordenar os pagos da entidade ao asinar de xeito mancomunado cun dos seguintes cargos: ou o Presidente/a ou o Tesoureiro/a ou co Secretario/a.

Artigo 20. Secretario/a

O/A secretario correspóndelle as seguintes funcións:

  1. Actuar exercendo como tal en todas as reunións.
  2. Custodiar os libros de actas e documentación da asociación, excepto os libros de contabilidade. 
  3. Dirixir, organizar e coordinar o desenvolvemento das actividades administrativas da entidade.
  4. Redactar e anotar nos libros correspondentes as actas das reunións da asemblea xeral, da xunta directiva e da comisión permanente, se existe, así como expedir certificacións deles co visto e prace do presidente.
  5. Levar a correspondencia ordinaria, o rexistro e o ficheiro, así como custodiar os selos.
  6. Executar os acordos estatutariamente adoptados, baixo a supervisión do/a presidente/a.
  7. Redactar a memoria anual da asociación.
  8. Todas aquelas que Ile sexan atribuídas no regulamento de réxime interno.
  9. Poderá ordenar os pagos da entidade ao asinar de xeito mancomunado cun dos seguintes cargos: ou o Presidente/a ou o Tesoureiro/a ou co Vicepresidente/a.

En caso de ausencia, será substituído/a polo/a segundo/a vocal

Artigo 21. Tesoureiro/a

O/A tesoureiro/a correspóndelle as seguintes funcións:

  1. Recadar os fondos para a asociación e custodialos.
  2. Poderá ordenar os pagos da entidade ao asinar de xeito mancomunado cun dos seguintes cargos: ou o Presidente/a ou o Vicepresidente/a ou o Secretario/a.
  3. Dirixir e ordenar a contabilidade, así como velar pola orde económica da asociación.
  4. Elaborar o orzamento anual de ingresos e gastos, así como os balances.
  5. Levar os libros de contabilidade e o inventario de bens.
  6. Todas aquelas que Ile sexan atribuídas no regulamento de réxime interno.

En caso de ausencia, será substituído/a polo/a segundo/a vocal

Artigo 22. Vogais

Terán as obrigas propias do seu cargo, e aqueloutras que Iles sexan encomendadas, tales como realizar programas e estudos con carácter xeral ou en áreas de actuación determinadas.

TITÚLO Vl.  ECONÓMICO E PATRIMONIAL

Artigo 23. Réxime económico e patrimonial

23.1. No momento da súa constitución, a asociación carece de patrimonio fundacional.

23.2. O patrimonio estará constituído polos ingresos provenientes de:

  1. Achegas económicas dos/as asociados/as.
  2. Doazóns, subvencións, legados e herdanzas.
  3. Resultados económicos que se poidan producir polas actividades organizadas pola entidade.
  4. Outros ingresos permitidos pola lexislación vixente.

23.3. O exercicio económico pecharase 0 31 de decembro de cada ano

TÍTULO VII. DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 24.- Disolución

24.1. A asociación establécese por tempo indefinido e poderá disolverse, no seu caso,

  1. por sentenza xudicial,
  2. por acordo tomado en asemblea xeral convocada para o efecto,
  3. por carecer de recursos económicos para cubrir os gastos máis elementais,
  4. por ter realizado o fin para o que se constituíu,
  5. polas demais causa que determina a lei

Unha vez que de disolva a asociación procederase á súa liquidación

24.2. Se non se acordase outra cousa na asemblea xeral, actuarán como liquidadores tres dos membros da xunta directiva, nomeados por esta para esa función.

24.3. A comisión liquidadora faise cargo do patrimonio existente e satisfará as obrigas pendentes, se as houber. O remanente, no caso de que exista, seralle entregado a calquera entidade legalmente constituída que se dedique a idénticos fins ou, no seu defecto, análogos aos desta asociación

DISPOSICIÓN ADICIONAL

En todocanto non estea previsto nos presentes Estatutos se aplicará a Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación e demais disposicións complementarias.

Dilixencia:

José Crespo Iglesias, titular da Presidencia, e Manuel Blanco Villar, titular da Secretaría da Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte, fan constar que os presentes estatutos están redactados coa inclusión das modificacións acordadas na asamblea xeral celebrada en data 07 de xullo de 2022, de acordo cos requisitos establecidos na LO 1/2002, de marzo, reguladora do dereito de asociación, e seguido o procedemento previsto nos seus estatutos.

En Lalín, a 7 de xullo de 2022