O pasado venres asistimos a Xornada de presentación das fichas de avance do Proxecto de Aldeas Intelixentes: Solucións de futuro para aldeas sostenibles, un proxecto de compra pública e Innovación.
Aldeas Intelixentes, Solucións de futuro para aldeas sostibles, é un proxecto da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia que persegue obter solucións innovadoras que permitan impulsar a recuperación dos núcleos rurais co fin de conseguir un territorio rural intelixente a través da creación dunha rede de aldeas modelo que potencien os grandes valores das áreas rurais e proporcionen aos actores locais as ferramentas para aproveitar o seu potencial e así contribuír aos grandes retos como a seguridade alimentaria, o declive demográfico ou o cambio climático.
Queda aberto o prazo para a presentación das propostas en Aldeasintelixentes.com
