Loader

Acordos da Asamblea Xeral da asociación celebrada o 28 de marzo de 2016

Co obxectivo de conformarse como o novo GDR 16 seleccionado, e obter o recoñecemento de entidade colaboradora para a xestión da medida Leader de Galicia 2014-2020, acordouse por unanimidade a Adecuación dos estatutos da asociación.

1. Cambio da denominación, pasando a chamarse:
“ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE”.

2. Ampliación do ámbito de actuación aos Concellos de A Estrada e Forcarei. Novo territorio que comprende os concellos de:
AGOLADA, DOZÓN, A ESTRADA, FORCAREI, LALIN, RODEIRO, SILLEDA e VILA DE CRUCES

3. Adhesión novos socios ou socios con cotas pendentes.
Apertura de prazo, ata o 11 de abril, a todas as entidades interesadas pertencentes aos concellos do ámbito de actuación da ADR Terras de Pontevedra Norte.

4. Admisión novos socios:
11 de abril de 2016
– reunión Xunta Directiva para a admisión dos novos socios.
– reunión Asemblea Xeral con todos os membros.

Convocatoria de Asemblea Xeral extraordinaria
Data e hora: 11 de abril de 2016 ás 20.30 h 1ª convocatoria e 21.00 h en 2ª no Polígono Industrial Lalín 2000, Rúa E sn 36500 Lalín Pontevedra
Orde do día
– Lectura e aprobación acta asemblea anterior
– Ratificación da admisión dos novos socios
– Ratificación da xunta directiva provisional.
– Informes do presidente
– Rogos e preguntas.