Loader

INFORMACIÓN

Ponorte > INFORMACIÓN

A NOSA ASOCIACIÓN

A Asociación de Desenvolvemento Rural TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE, naceu en Lalín en agosto de 2008. Foi creada por representantes de entidades, colectivos e institucións dedicadas a dinamización e desenvolvemento socioeconómico, tanto do ámbito público como privado, dun territorio de marcado carácter rural, para xestionar e canalizar os recursos que desde as administracións competentes se asignaron para o desenvolvemento rural do territorio entre os anos 2008 e 2015. E unha asociación sen ánimo de lucro, polo que os beneficios que se obteñan por calquera concepto, destinaranse exclusivamente ao cumprimento dos fins da asociación. En canto ao servizo que ofrece é de carácter técnico-profesional, cun asesoramento personalizado para a posta en marcha de proxectos promovidos por emprendedores como por entidades non lucrativas de carácter social que pretendan iniciar unha actividade ou poñer en marcha un proxecto. A asociación formouse para converterse en entidade colaboradora e entidade beneficiaria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –AGADER no marco do programa Leader de Galicia 2007-2013 na Comarca de Deza ou doutros programas operativos que puideran desenvolverse na zona. Xa no ano 2016, a asociación ampliou o seu ámbito territorial para converterse novamente en entidade colaboradora de AGADER para a execución do Leader de Galicia 2014-2020. A asociación fixa o seu domicilio social no Polígono Industrial Lalin 2000, Rúa E sn 36519, Lalín, Pontevedra e terá un ámbito de actuación preferente nos concellos de AGOLADA, A ESTRADA, DOZÓN, FORCAREI, LALÍN, RODEIRO, SILLEDA E VILA DE CRUCES, na provincia de Pontevedra, sen prexuízo de que poida estenderse por necesidades operativas dos seus programas e actividades.