skip to Main Content
GDR PoNorte E Turismo Impulsarán Con 32.640 € A Promoción On Line Do Xeodestino Deza-Tabeirós

GDR PoNorte e Turismo impulsarán con 32.640 € a promoción on line do xeodestino Deza-Tabeirós

O Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte (GDR PoNorte) acaba de asinar un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, para impulsar nas vindeiras semanas o xeodestino Deza-Tabeirós a través de diferentes accións on line nas que se investirán un total de 32.640 euros.

Este convenio, subscrito polo presidente do GDR PoNorte, Luis López, e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, establece que a Axencia de Turismo de Galicia aportará para esta iniciativa 27.200 euros, mentres que o GDR achegará os 5.440 euros restantes.

A campaña de promoción programada polo GDR está fundamentalmente dirixida ao mercado dixital e inclúe o lanzamento dun novo portal web con información detallada dos principais atractivos dos concellos da Estrada, Agolada, Dozón, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces, a edición de novos recursos audiovisuais e gráficos e a potenciación mediante publicidade programática de produtos turísticos relacionados con experiencias vinculadas á naturaleza, ao rural e á familia.

O xerente do GDR PoNorte, Ramiro Ruibal, sinala que “a evolución epidemiolóxica da Covid-19 provocou unha parálise moi importante na actividade turística, converténdoa nun dos sectores máis afectados”, polo que considérase “necesario” contribuír á súa recuperación mediante “accións promocionais enfocadas ao novo escenario global posterior á crise sanitaria”.

Neste contexto, e tendo en conta que “as estimacións e proxeccións actuais prognostican un impacto económico especialmente intenso nun ámbito moi supeditado aos desprazamentos, a mobilidade e á confianza dos mercados”, o GDR PoNorte busca “fomentar o turismo desestacionalizado como actividade sostible nas áreas ruais e como medio para aproveitar os recursos do territorio a través de novos produtos turísticos”.

Ramiro Ruibal destaca que os principais obxectivos a conseguir con esta campaña son “a reactivación da demanda dos servizos turísticos e a potenciación do mercado turístico de proximidade e o Camiño de Santiago”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Back To Top