Loader

O GDR PONTEVEDRA NORTE DESENVOLVE O EVENTO DE DIFUSIÓN NACIONAL DO PROGRAMA «ERASMUS + – PANHERA»

CELEBRA ESTE EVENTO DISERTANDO SOBRE O ALOXAMENTO PARA PEREGRINOS E AS NOVAS EXPERIENCIAS DE ACOLLIDA DE TURISTAS EN ÁREAS RURAIS

O GDR Pontevedra Norte desenvolve hoxe en Lalín un “Evento de Difusión Nacional” pertencente ao Programa Europeo Erasmus +-Panhera no cal participan entidades de outros 5 países (Noruega, Bulgaria, Italia, Turquía e Grecia). A dito evento acudiu o Presidente do GDR acompañando ao Conselleiro de Medio Rural.

 Neste evento os técnicos do GDR disertaran ante axentes do sector turístico do Territorio do GDR (Comarca do Deza, A Estrada e Forcarei) sobre os traballos levados a cabo ao abeiro de dito programa, centrándose de xeito preferente nas cuestións relacionadas co aloxamento de peregrinos e sobre as novas experiencias de acollida de turistas nas áreas rurais.

 Presentaranse para elo os resultados dun traballo de campo feito no cal se determinan diferentes conclusións que posibilitan coñecer mellor a calidade da oferta turística existente a cales son os cauces de mellora da mesma. Así, danse a coñecer que mentres o territorio ten unhas empresas no sector con experiencia como regra xeral e cun uso alto das novas tecnoloxías na súa promoción, tense o desafío de mellorar as prestacións do persoal na súa competencia en Inglés ou en ser mais áxiles no que respecta a normativa legal.

 O GDR 16 tamén informará ao sector que no marco deste proxecto se creou un “Manual de Marketing Turístico” que está a disposición de quen queira empregar un documento testado de boas prácticas por todos os socios do proxecto.

 O vindeiro 14 de xuño, o GDR 16 será o organizador dun evento internacional deste proxecto Erasmus + -Panhera, a onde acudirán representantes de todos os países participantes.