A Asociación de Desenvolvemento Rural naceu en Lalín o 20 de agosto de 2008. Foi creada por representantes de entidades, colectivos e institucións dedicadas a dinamización e desenvolvemento socioeconómico, tanto do ámbito público como privado, dun territorio de marcado carácter rural, a Comarca de Deza, para xestionar e canalizar os recursos que desde as administracións competentes se asinaron para o desenvolvemento rural da comarca entre os anos 2008 e 2015.
A asociación constituíuse para ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, interesados en promover o desenvolvemento dos municipios que conformaban o territorio e naceu para converterse en entidade colaboradora e entidade beneficiaria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –AGADER-no marco do programa Leader de Galicia 2007-2013 na Comarca de Deza, programa que executou dende o ano 2009 ata decembro de 2015.
Xa no 2016, a asociación efectuou unha serie de cambios nos estatutos para adaptarse e poder converterse de novo en grupo de desenvolvemento rural dun territorio de actuación máis amplo, e así poder actuar como entidade colaboradora e como beneficiaria de subvencións Leader de Galicia 2014-2020, compromiso que adquiriu e que está a executar dende decembro de 2016.
- Ámbito territorial: AGOLADA, DOZÓN, A ESTRADA, FORCAREI,LALÍN, RODEIRO, SILLEDA E VILA DE CRUCES.
- Denominación “ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE”.
A Asociación ten a finalidade de ser núcleo de integración e de representación dos distintos axentes territoriais: instituciónais, sociais e económicos públicos e privados que estén interesados en promover o desenvolvemento do territorio e que se convierta en foro de debate continuo sobre as inquedanzas e problemas da zona, prestando especial atención ás mulleres, mozos, á protección do medio ambiente e á creación de emprego.