WordPress database error: [UPDATE command denied to user 'ponortecii795'@'10.3.20.132' for table 'mod889_options']
UPDATE `mod889_options` SET `option_value` = 'a:2:{s:7:\"timeout\";i:1722139269;s:5:\"value\";s:71:\"{\"success\":true,\"license\":\"valid\",\"expires\":\"31.03.2030\",\"features\":[]}\";}' WHERE `option_name` = '_elementor_pro_license_v2_data'

Error en la base de datos de WordPress: [INSERT, UPDATE command denied to user 'ponortecii795'@'10.3.20.132' for table 'mod889_options']
INSERT INTO `mod889_options` (`option_name`, `option_value`, `autoload`) VALUES ('_transient_doing_cron', '1722088869.7723510265350341796875', 'yes') ON DUPLICATE KEY UPDATE `option_name` = VALUES(`option_name`), `option_value` = VALUES(`option_value`), `autoload` = VALUES(`autoload`)

Presentación e obxectivos – Ponorte
Loader

A Asociación de Desenvolvemento Rural naceu en Lalín o 20 de agosto de 2008. Foi creada por representantes de entidades, colectivos e institucións dedicadas a dinamización e desenvolvemento socioeconómico, tanto do ámbito público como privado, dun territorio de marcado carácter rural, a Comarca de Deza, para xestionar e canalizar os recursos que desde as administracións competentes se asinaron para o desenvolvemento rural da comarca entre os anos 2008 e 2015.

A asociación constituíuse para ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, interesados en promover o desenvolvemento dos municipios que conformaban o territorio e naceu para converterse en entidade colaboradora e entidade beneficiaria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –AGADER-no marco do programa Leader de Galicia 2007-2013 na Comarca de Deza, programa que executou dende o ano 2009 ata decembro de 2015.

Xa no 2016, a asociación efectuou unha serie de cambios nos estatutos para adaptarse e poder converterse de novo en grupo de desenvolvemento rural dun territorio de actuación máis amplo, e así poder actuar como entidade colaboradora e como beneficiaria de subvencións Leader de Galicia 2014-2020, compromiso que adquiriu e que está a executar dende decembro de 2016.

  • Ámbito territorial: AGOLADA, DOZÓN, A ESTRADA, FORCAREI,LALÍN, RODEIRO, SILLEDA E VILA DE CRUCES.
  • Denominación “ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE”.

A Asociación ten a finalidade de ser núcleo de integración e de representación dos distintos axentes territoriais: instituciónais, sociais e económicos públicos e privados que estén interesados en promover o desenvolvemento do territorio e que se convierta en foro de debate continuo sobre as inquedanzas e problemas da zona, prestando especial atención ás mulleres, mozos, á protección do medio ambiente e á creación de emprego.