Os promotores dos expedientes deben adoptar as medidas de difusión e publicidade, nos termos que a continuación se especifican:Os gastos derivados da instalación de placas e paneis, terán a consideración de custo elixible.
- No suposto de investimentos en obra civil, mediante a instalación dunha placa cos logotipos das administracións que cofinancian o proxecto e o logotipo de Leader Galicia 2007-2013, segundo o modelo que o GDR TERRAS DO DEZA, facilitará aos promotores. “MODELO DE PLACA”.
- Cando os investimentos en obra civil sexan de importe superior a 50.000 € haberá de colocarse un PANEL PUBLICITARIO, segundo o modelo que os GDR facilitarán aos promotores.Este panel manterase visible durante a execución do proxecto e ata a certificación final. No caso das infraestruturas e investimentos por importe superior a 500.000 € este panel terá carácter permanente. “MODELO VALADO DE OBRA”.
- Se o investimento consiste en maquinaria ou elementos móbiles, mediante a colocación dun ADHESIVO PERDURABLE cos logotipos das administracións financiadoras e o logotipo de Leader Galicia 2007-2013.
- Tratándose de estudos, publicacións e outros materiais gráficos, mediante a INCLUSIÓN DOS LOGOTIPOS das administracións financiadoras e o logotipo de Leader Galicia 2007-2013 nas portadas ou contraportadas.
- As publicacións, carteis, audiovisuais e calquera información ofrecida por medios electrónicos que versen sobre medidas e actividades cofinanciadas por Feader indicarán claramente na páxina de portada a participación da comunidade e a contribución do Feader ao financiamento.
- Os sitios web, ademais, deberán incluír un enlace co sitio web da Comisión dedicado ao Feader.
Importante!!: debedes cinguirvos aos modelos facilitados. Non poderán figurar logotipo algún doutra administración ou entidade.