Prazo: 15 de outubro de cada ano.
DESCRICIÓN
Presentación de solicitudes de pagamento: o beneficiario das axudas deberá presentar a xustificación documental dos gastos ou investimentos vinculados á operación subvencionada dentro do prazo máximo previsto no calendario de xestión das bases reguladoras: a mais tardar a 15 de outubro de cada ano, pero sempre tendo en conta o que dispoña a resolución de concesión da axuda emitida polo director xeral de Agader.
Para estes efectos, o beneficiario presentará no rexistro do GDR a Solicitude de pagamento, segundo o modelo normalizado (Anexo XI das bases
reguladoras).
O promotor deberá indicar na solicitude si se trata dunha xustificación parcial ou final dos investimentos.
Documentación para a xustificación: os investimentos xustificaranse, para cada un dos gastos realizados, a través da seguinte documentación:
- Facturas orixinais ou documentos probatorios de valor equivalente debidamente desagregadas por conceptos ou unidades de obra.
- Data de expedición da factura
- Número de factura
- Datos identificativos do provedor (nome, apelidos, denominación ou razón social, NIF/CIF e domicilio)
- Datos identificativos do destinatario do ben e/ou servizo, que deberá coincidir co beneficiario da axuda.
- Descrición das operacións que se documentan.
- De ser o caso, data na que se teña recibido un pago anticipado, sempre que se trate dunha data distinta á da expedición da factura.
- IVE: tipo impositivo aplicado e cota tributaria resultante debendo, de ser o caso, especificar por separado as partes da base impoñible que estean exentas ou non suxeitas, ou aquelas suxeitas a distintos tipos impositivos.
- En ningún caso se admitirán como xustificantes de gasto albaráns, notas de entrega, facturas proforma, tiques cando sexa obrigatoria a expedición de factura, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal.
- A documentación acreditativa do pagamento efectivo en favor dos acredores:
- Como regra xeral, presentarase o xustificante bancario de pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso en conta, certificación bancaria, etc.) en que conste o concepto facturado e o número de factura, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.
- Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.) achegarase copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) na que conste claramente que dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.
- Os xustificantes de pagamento obtidos a través da banca electrónica deberán estar validados co selo da entidade bancaria correspondente.
- Para os efectos da súa xustificación, no caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, estes deberán incluírse, xunto coa factura, nunha única solicitude de pagamento. En ningún caso se admitirá a inclusión dos pagos restantes dunha factura en posteriores solicitudes de pagamento.
- No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pago a factura ou facturas cuxo pago se imputa ao proxecto.
- No caso de ordes de pago conxuntas tramitadas por administracións locais deberá achegarse certificado do secretario ou interventor que acredite que o pago da factura que se está a imputar, está incluída dentro da orde de pago achegada.
- No caso de facturas, pagarés ou letras de cambio “endosadas” deberán contar coa correspondente cláusula de endoso no reverso do documento correctamente asinada.
- No caso de facturas en moeda estranxeira, deben acompañarse os documentos bancarios de cargo nos que conste o cambio utilizado.
Tanto a data das facturas como a dos xustificantes de pagamento deberán estar comprendidas dentro do período de execución e xustificación dos investimentos, é dicir, a partir do día da solicitude de axuda (con excepción dos custes xerais vinculados ao investimento sinalados na letra e) do artigo 4 do réxime de axudas, que poderán ser de data anterior), e ata a data límite de execución e xustificación dos investimentos que determine a resolución de concesión da axuda.Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas e conceptos de gasto do orzamento aceptadas por Agader na resolución de concesión da subvención e responder de xeito indubidable á natureza do proxecto subvencionado.Cando non se xustifique a totalidade do investimento ou gasto aprobado na resolución de concesión, o investimento certificarase aplicando ao investimento ou gasto subvencionable xustificado a porcentaxe de subvención concedida, sempre e cando este investimento xustificado represente cando menos o 60% do investimento aceptado na resolución de concesión da axuda e se cumpra a finalidade ou obxectivo para o que se concedeu a axuda.Na fase de xustificación do gasto Agader poderá contrastar os prezos achegados polo beneficiario por calquera dos medios previstos no artigo 30, número 5, da LSG co fin de comprobar que os gastos subvencionables se axustan ao valor de mercado. En caso de discrepancia minoraranse os importes aprobados na concesión da axuda.
- Documentación acreditativa da titularidade dos terreos ou inmobles sobre os que se executa o proxecto, ou da dispoñibilidade destes durante o período mínimo equivalente ao que se vai exixir a permanencia do investimento, así como o resto da documentación que especificamente se relacione na resolución de concesión.Xunto coa primeira solicitude de pagamento.
- Copia do resumo do orzamento por capítulos e da memoria do mesmo, (na primeira xustificación) e certificacións de obra asinadas por técnico competente
- No caso dunha operación que requira proxecto técnico visado polo colexio oficial correspondente.
- É importante que a certificación de obra se asemelle o máis posible a realidade para evitar as diferenzas entre os importes do realmente investido polo promotor xustificado mediante facturas e un importe menor nas certificacións debido a “deformación” profesional de certificar tal cal figura no proxecto orixinal sen reflectir os posibles cambios, e mais aínda tendo en conta que o que prevalece é o que figura na certificación.
- Exemplar en soporte informático adecuado para a súa difusión nos casos de proxectos non produtivos que conleven a realización de estudos, proxectos técnicos, planos e documentos similares, así como de folletos, libros, guías, etc, sempre que sexan difundibles.
- Copia dos temas tratados e as conclusións de seminarios ou actividades semellantes, se procede.
- Declaración, en documento normalizado, doutras axudas concedidas e/ou solicitadas a outras entidades públicas e/ou privadas para o mesmo proxecto, con referencia, de ser o caso, ás axudas de minimis.
- Relación dos equipamentos subvencionados no que conste a marca, o modelo e o número de serie ou referencia equivalente para a súa identificación segundo Modelo normalizado (ANEXO XII das bases reguladoras).A factura correspondente deberá identificar, cando menos, a marca e modelo dos equipamentos subvencionados.
- Documentación acreditativa da nova clasificación no caso de investimentos destinados ao aumento de categoría dun establecemento turísticos aloxativo
- Documentación xustificativa dos empregos creados e mantidos, xunto co Modelo normalizado da xustificación do emprego( anexo XIV das bases reguladoras) e a documentación acreditativa seguinte (xustificación final do pagamento):
- Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de pagamento final.
- Informe de plantilla media de traballadores en situación de alta durante os doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de pagamento, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.