Please select listing to show.
2007-2013

Os promotores dos expedientes deben adoptar as medidas de difusión e publicidade, nos termos que a continuación se especifican:Os gastos derivados da instalación de placas e paneis, terán a consideración de custo elixible.

  • No suposto de investimentos en obra civil, mediante a instalación dunha placa cos logotipos das administracións que cofinancian o proxecto e o logotipo de Leader Galicia 2007-2013, segundo o modelo que o GDR TERRAS DO DEZA, facilitará aos promotores. “MODELO DE PLACA”.
  • Cando os investimentos en obra civil sexan de importe superior a 50.000 € haberá de colocarse un PANEL PUBLICITARIO, segundo o modelo que os GDR facilitarán aos promotores.Este panel manterase visible durante a execución do proxecto e ata a certificación final. No caso das infraestruturas e investimentos por importe superior a 500.000 € este panel terá carácter permanente. “MODELO VALADO DE OBRA”.
  • Se o investimento consiste en maquinaria ou elementos móbiles, mediante a colocación dun ADHESIVO PERDURABLE cos logotipos das administracións financiadoras e o logotipo de Leader Galicia 2007-2013.
  • Tratándose de estudos, publicacións e outros materiais gráficos, mediante a INCLUSIÓN DOS LOGOTIPOS das administracións financiadoras e o logotipo de Leader Galicia 2007-2013 nas portadas ou contraportadas.
  • As publicacións, carteis, audiovisuais e calquera información ofrecida por medios electrónicos que versen sobre medidas e actividades cofinanciadas por Feader indicarán claramente na páxina de portada a participación da comunidade e a contribución do Feader ao financiamento.
  • Os sitios web, ademais, deberán incluír un enlace co sitio web da Comisión dedicado ao Feader.

Importante!!: debedes cinguirvos aos modelos facilitados. Non poderán figurar logotipo algún doutra administración ou entidade.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE AXUDA POR PARTE DO PROMOTORO promotor debe formalizar a súa solicitude de axuda, dentro do plazo establecido, na sede do GDR coa entrega por TRIPLICADO do modelo de SOLICITUDE DE AXUDA ao que debe acompañar unha serie de documentos adicionais:

DOCUMENTACIÓN ADICIONAL (ORIXINAIS E 2 COPIAS)

  • Documentación acreditativa da personalidade xurídica do solicitante do solicitante e, de ser o caso, do seu representante legal (NIF, DNI, CIF).
  • Declaración censal tributaria (modelo 036 ou 037), ou compromiso de comunicar o inicio da actividade á AEAT cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial.
  • Tratándose de persoas xurídicas, escritura de constitución e dos estatutos da entidade solicitante, debidamente inscritos no rexistro competente.
  • Últimas contas depositadas no rexistro correspondente e última memoria anual na que figure o nº de empregados, o balance anual e volume de negocio do último exercicio pechado. Informe da vida laboral da empresa emitido pola Tesouraría xeral da seguridade social referido ao ano anterior ao de presentación desta solicitude.
  • Declaración doutras axudas concedidas e/ou solicitadas segundo o modelo normalizado MODELO DECLARACIÓN DOUTRAS AXUDAS.
  • Orzamento detallado dos gastos necesarios para execución do proxecto segundo o modelo normalizado MODELO ORZAMENTO DETALLADO,con indicación das partidas que supoñan unha achega en especie ou aportación de medios humanos propios.
  • Plan de empresa segundo modelo normalizado. MODELO RESUMO DE PROXECTO E PLAN DE EMPRESA.
  • Para cada gasto proposto superior a 12.000€ no caso de subministración de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas se consultaría ou asistencia técnica (ou 30.000€ no suposto de obra civil) débese cubrir o modelo da RELACIÓN DE OFERTAS SOLICITADAS E ELIXIDAS.
  • Plan de xestión segundo o modelo normalizado no caso de proxectos non produtivos. MODELO PLAN DE XESTION PROXECTOS NON PRODUTIVOS.
  • Certificado da AEAT do réxime de aplicación do IVE, no suposto de que solicite exención.
  • Código de explotación agraria no suposto de investimentos no sector agrario.
  • Certificación da entidade financeira na que conste o número da conta onde desexa percibir a subvención.
  • Calquera outra documentación ou informaci´pon que o interesado considere interesante para a análise do proxecto.

BAREMO PARA A AVALIACIÓN DOS PROXECTOSUnha vez que o promotor presente no GDR a súa solicitude de axuda, xunto coa documentación necesaria para a súa admisión, o GDR procederá a elaborar o Informe de Control de Elixibilidade (ICE) co resultado da avaliación e baremación do proxecto. O ICE informará de se o proxecto é elixible e da súa puntuación total para a posterior asignación da porcentaxe de axuda. Para a realización do ICE aplicarase o BAREMO aprobado pola Xunta Directiva e posteriormente por AGADER e que se presenta a continuación. Existe un baremo diferenciado para proxectos produtivos e para proxectos non produtivos.