skip to Main Content
Xosé Crespo Iglesias Elixido Novo Presidente Do GDR Terras De Pontevedra Norte

Xosé Crespo Iglesias elixido novo presidente do GDR Terras de Pontevedra Norte

O pasado mércores día 7 tivo lugar a Asemblea extraordinaria da ADR Terras de Pontevedra Norte na que foi elixido novo Presidente o Alcalde de Lalín Xosé Crespo Iglesias, que se comprometeu a traballar para manter a excelente liña de traballo que mantiveron os seus predecesores e tentar que a asociación acade o maior número posible de fondos no vindeiro período LEADER.

Os demais membros da Xunta Directiva permanecen nos seus cargos, e tamén entraron a formar parte como vocais o alcalde Rodeiro Rubén Quintá Quintá e o alcalde de Dozón Adolfo Campos Vázquez.

Coa incorporación de Dozón os 8 concellos que compoñen o territorio Pontevedra Norte forman parte da asociación.

Na Asemblea tamén se aprobaron

  1. MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN

Aprobouse modificar os artigos 18, 19, 20 e 21 que regulan as atribución dos cargos de Presidente, Vicepresidenta, Secretario e Tesoureira para que poidan ordenar pagos de xeito mancomunado calquera deles, ata agora so Presidente e Tesoureira tiñan atribuída esta función.

  1. MODIFICACION DE ESTRATEXIA

Aprobouse a modificación do plan de xestión da estratexia para dar cabida os novos proxectos elixibles a partires do 18 de marzo de 2021, data na que se publicou unha modificación das bases reguladoras.

Deste xeito o GDR Terras de Pontevedra Norte aposta por colaborar con AGADER no desenvolvemento de plans estratéxicos ou actuacións integrais promovidas directamente por AGADER, convertendo a asociación nun interlocutor do territorio para tentar colaborar no deseño de novas medidas, mellorar a coordinación e facilitar a difusión e implantación das mesmas.

Ademais con esta modificación  poderán ser subvencionables os investimentos de natureza non produtiva vinculados a proxectos de mobilización ou recuperación de terras como as actuacións no solo de núcleo rural das aldeas modelo, vinculadas a proxectos de:

  1. Rehabilitación.
  2. Rexeneración e renovación do espazo.
  3. Enerxías renovables
  4. TIC
  5. Economía circular.

Tamén poderán ser subvencionables os investimentos vinculados a proxectos de mobilización ou recuperación de terras; estes proxectos poderán incluír actuacións de produción agraria en aldeas modelo, proxectos de mobilidade de terras, permutas de predios agroforestais ou outros instrumentos de mobilización ou recuperación da terra agraria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Back To Top