skip to Main Content

A nosa asociación

A Asociación de Desenvolvemento Rural TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE, naceu en Lalín en agosto de 2008. Foi creada por representantes de entidades, colectivos e institucións dedicadas a dinamización e desenvolvemento socioeconómico, tanto do ámbito público como privado, dun territorio de marcado carácter rural, para xestionar e canalizar os recursos que desde as administracións competentes se asignaron para o desenvolvemento rural do territorio entre os anos 2008 e 2015.

E unha asociación sen ánimo de lucro, polo que os beneficios que se obteñan por calquera concepto, destinaranse exclusivamente ao cumprimento dos fins da asociación.

En canto ao servizo que ofrece é de carácter técnico-profesional, cun asesoramento personalizado para a posta en marcha de proxectos promovidos por emprendedores como por entidades non lucrativas de carácter social que pretendan iniciar unha actividade ou poñer en marcha un proxecto.

A asociación formouse para converterse en entidade colaboradora e entidade beneficiaria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –AGADER no marco do programa Leader de Galicia 2007-2013 na Comarca de Deza ou doutros programas operativos que puideran desenvolverse na zona.

Xa no ano 2016, a asociación ampliou o seu ámbito territorial para converterse novamente en entidade colaboradora de AGADER para a execución do Leader de Galicia 2014-2020.

A asociación fixa o seu domicilio social no Polígono Industrial Lalin 2000, Rúa E sn 36519, Lalín, Pontevedra e terá un ámbito de actuación preferente nos concellos de AGOLADA, A ESTRADA, DOZÓN, FORCAREI, LALÍN, RODEIRO, SILLEDA E VILA DE CRUCES, na provincia de Pontevedra, sen prexuízo de que poida estenderse por necesidades operativas dos seus programas e actividades.

Obxectivos

A asociación constitúese coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para acadar o seguintes fins:

  • a) Vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobres os problemas da zona, prestando especial atención aos mozos/as, ás mulleres, á protección do ambiente e á creación de emprego.
  • b) Sensibilizar as administración locais, autonómica e estatal, así como as institucións comunitarias europeas, canalizando as demandas da poboación do territorio, co obxecto de optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos da zona de cara ao seu desenvolvemento harmónico e integral.
  • c) Ser centro receptor e distribuidor de toda a información relativa ao desenvolvemento socioeconómico do medio rural, tanto no ámbito nacional coma internacional, centrándose este labor principalmente no coñecemento dos recursos e promoción de proxectos, e iniciativas de interese para lograr un desenvolvemento harmónico, equilibrado, endóxeno, sostible e integral.
  • d) Posibilitar entre os/as asociados/as e outros/as interesados/as o intercambio de experiencias e metodoloxías de animación e desenvolvemento socioeconómico.
  • e) Potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos da zona.
  • f) Concienciar a poboación da necesidade de protexer o ambiente e o contorno rural, e tomar parte activa niso, mediante actividades orixinais e innovadoras.
  • g) Formular e transmitirlle á poboación a estratexia adecuada para lograr o desenvolvemento da zona, así como promover a súa aplicación.
  • h) Articular unha dinámica de participación que facilite o desenvolvemento tanto social como económico.
Para acadar estes fins, a asociación poderá desenvolver as seguintes actividades:
  • a) Desenvolver iniciativas dirixidas a frear o éxodo rural, así como a fomentar a creación de emprego.
  • b) Sensibilizar o tecido socioeconómico da zona sobre os problemas, recursos, accións e proxectos que contribúan ao seu desenvolvemento.
  • c) Organizar, promover, coordinar e realizar todo tipo de actividades socioculturais, tales como seminarios, conferencias, xornadas, investigacións e estudos relativos aos problemas de desenvolvemento da zona, así como editar, no seu caso, todo tipo de material en soporte escrito, audiovisual ou informático, de carácter especializado, didáctico ou, simplemente divulgativo.
  • d) Solicitar ante calquera instancia e executar, no seu caso, a realización de calquera actividade, programa ou proxecto relacionado cos obxectivos da asociación.
  • e) Proxectar, preparar e executar cantas accións ou actividades sexan necesarias para acadar unha axeitada formación e posta ao día permanente de todos os colectivos vinculados ao desenvolvemento rural, especialmente dos membros da asociación.
  • f) Promover o intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo, así como a busca de liñas de actuación conxunta con entidades análogas , nacionais ou internacionais.
  • g) Levar a cabo as campañas de difusión e publicidade que se estimen necesaria.
  • h) Recoller , tratar, difundir e intercambiar documentación e información relativa ao desenvolvemento rural a través dos medios adecuados.
  • i) Implicarse na xestión de programas de desenvolvemento do seu territorio.
  • j) Promover directamente actuacións e proxectos que incidan no desenvolvemento do territorio de actuación.
  • k) Calquera outra actividade que poida resultar necesaria ou consecuente coas anteriores.

Socios

PRINCIPIO DE PORTAS ABERTAS

Ficha a cumprimentar para solicitar a incorporación como socio/a.

Ficha_adhesion_socio

Requisitos e procedemento para a adquisición e perdida da  condición de asociado.

Tal e como se indica nos estatutos sociais no capítulo IV Asociados/as, no  artígo7. Adquisición da condición de asociado/a.

  1. Para que unha entidade teña a condición de asociado/a deberá figurar na lista de fundadores o ben, unha vez constituída a asociación, solicitar o ingreso mediante un escrito dirixido ao presidente/a no que manifeste a vontade expresa de adherirse á asociación e de comprometerse coa consecución dos fines estatutarios. Debe aportar, ademais un acordo do órgano competente da entidade que exprese a votade de ser asociado/a e a persoa titular suplente, que a representará na asociación.
  2. Cando un candidato/a a ser asociado/a non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación de esta asociación deberá demostrar que desenvolve unha actividade relevante e consolidada no tempo nese ámbito territorial.
  3. Cando unha entidade solicite a entrada na asociación deberá acreditar un ano de actividade no ámbito territorial da asociación.
  4. O/a presidente/a trasladara a solicitude á Xunta Directiva, que deberá resolver nun prazo non superior a dous meses desde a data de presentación, adscribíndoo se é posible polas características dos seus socios/as e/o obxecto social, ao solicitante nun dos colectivos seguintes: de mulleres; mozos; acción social; protección, conservación e mellora do medio ambiente; empresarios e asociacións profesionais; asociacións do sector agrario, incluíndo organizacións profesionais agrarias; asociacións do sector cultural; segundo o seu interese preferente.

Contra o acordo denegatorio de admisión a solicitante poderá recorrer ante a primeira asemblea xeral que teña lugar, e deberá figurar este asunto expresamente na orde do día correspondente.

  1. Non adquiren a condición de asociado/a tanto os fundadores como os membros que se incorporen con posterioridade mentres no satisfagan a cota de entrada establecida e as débedas pendentes coa asociación.

Por outro lado, tal e como se indica no Artigo 8. Perda da condición de asociado/a.

Calquera socio deixará de selo cando incorra nalgunha de estas circunstancias:

  1. Por decisión voluntaria do/da asociado/a, comunicada por escrito ao presidente/a.
  2. Por sanción imposta pola xunta directiva, de forma motivada e con audiencia do interesado/a, por incumprimento grave o reiterado das obrigas inherentes á condición de asociado/a. O acordo de expulsión notificarase por escrito e contra el caberá recurso ante a primeira asemblea xeral que se realice.
  3. Por extinción da persoa xurídica representada na asociación.

Con todo a baixa da asociación por calquera motivo, non exime ao asociado de satisfacer obrigas e compromisos de calquera  natureza que tivera pendente.

Sistema de participación.

Segundo o capítulo TÍTULO V. Órganos da asociación, nos artigos 11 e 12, os órganos de participación na asociación son os seguintes:

  • Órganos colexiados: Como mínimo a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.
  • Órganos unipersoais: Como mínimo Presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro, que serán elixidos pola xunta directiva de entre o seus membros por un período de dous anos reelixibles ata un máximo de 8 anos consecutivos.

Porcentaxe de participación de entidades públicas e privadas nos órganos de decisión.

Para os efectos de adopción de acordos, tanto nas reunións de xunta directiva como nas asembleas os órganos decisorios só estarán validamente constituídos cando os representantes do sector privado supoñan como mínimo o 51% dos membros presentes ou representados.

Mecanismos de participación dos asociados.

Tódolos asociados poden participar nela a través da Asemblea xeral ordinaria ou extraordinaria, o a través das reunións de mesas de traballo que se vaian convocando. Tal e como indica no Artigo 13. Asemblea xeral: convocatorias, dos estatutos.

  1. A asemblea xeral reunirase con carácter ordinario polo menos unha vez ao ano para aprobar, como mínimo, as contas e orzamentos.
  2. A asemblea xeral poderá reunirse tamén con carácter extraordinario mediante convocatoria do/da presidente/a, por propia iniciativa, por acordo da xunta directiva o cando o solicite un número de asociados/as non inferior ao 10%.

Sistema de toma de decisións.

Para os efectos de adopción de acordos , os órganos decisorios só estarán validamente constituídos cando os representantes do sector privado supoñan como mínimo o 51% dos membros presentes o representados.

Ademais, hai que ter en conta que calquera socio debe ausentarse nos debates e votacións sobre asuntos nos que teñan interese directo por motivos de titularidade, económicos ou societarios, de parentesco ata o terceiro grao de consanguinidade, afinidade ou adopción, o de amizade íntima ou inimizade manifesta.

Para que as declaracións de interese queden perfectamente documentadas, sempre que algún membro dos órganos decisorios teña algún tipo de relación profesional e/o persoal co promotor do proxecto Leader, o calquera tipo de interese persoal e/ou profesional no proxecto obxecto da votación, arbitrarase o seguinte mecanismo.

  1. Farase unha declaración expresa, asinada por tódalas persoas que participen na selección do proxecto, na que se sinale que non teñen ningún interese persoal o profesional directo na selección do citado proxecto.
  2. Se un membro do comité de avaliación ou decisión ten algún tipo de relación profesional ou persoal co promotor do proxecto, o calquera interese profesional ou persoal nel, presentará unha declaración escrita explicando a natureza da relación ou interese. Calquera interese común deberá declararse, incluídos os familiares, afectivos, políticos ou económicos.
  3. Se un membro do comité de avaliación ou decisión atópase na situación descrita no parágrafo anterior, non poderá participar no proceso de avaliación ou selección, nin estar presente durante o debate da proposta do proxecto. Esta circunstancia documentarase nas seguintes actas.
  4. Cando exista dúbida sobre o interese común entre algún membro do comité de avaliación ou selección, remitirase o asunto a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural- AGADER- para que adopte unha decisión sobre a efectiva existencia dun conflito de intereses.

De cada una das reunións levantarase a correspondente acta, que certificará o secretario co visto bo do presidente.

 

Anuncios

Xunta directiva

–Membros

MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA DE ADR TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE, ELIXIDOS EN ASEMBLEA DO 11 DE ABRIL DE 2016

  • Presidente: Luis López Diéguez. Concello de Rodeiro.
  • Vicepresidenta: Angeles Baldonedo Taboada. Aspadeza.
  • Secretaria: Carmen Lareo Morao. Fundación Paco Lareo a Solaina de Piloño.
  • Tesoureiro: Manuel Blanco Villar. Asc. De Turismo rural, natureza, deporte, cultura e ocio “Ouro Verde”
  • Vogais:

  • Ricardo Villaverde Iglesias. COAFOR SCG.
  • Ramiro Varela Peón. Concello de Agolada.
  • Jesús Otero Varela. Concello de Vila de Cruces.
  • Celia Alonso Caramés. Concello de Lalín.
  • Dna Mª del Pilar Peón Iglesias. Concello de Silleda.
  • Belén Cachafeiro Anta. Concello de Forcarei.
  • José Luis Factor Rodríguez. Coral Polifónica de Agolada.
  • Cecilia Doporto Regueira. Asoc.Veciños, Cultural e deportiva O Rendal.
  • Francisco Blanco Tarrio. Asociación de Veciños Olaia de Silleda.
  • David Sueiro Quinteiro. Asociación de Criadores do Galo de Curral.
  • Antonio de Maria Angulo. Asoc. Prof. De Silvicultores de Galicia (Silvanus).
  • Patricia Martínez Rodríguez. CIRLA.
  • José Carlos López Campos. Concello de A Estrada.
  • Ainoa María Prieto Sánchez. Asociación Mulleres Rurais de Loño.

Equipo técnico

O equipo técnico esta composto por tres persoas:

  • Xerente: Paula Suanzes Hernández
  • Técnico: Ramiro Ruibal Fuentes
  • Administrativa: Clara Carmuega Rivas.

Estatutos

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL "TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE"

  • TÍTULO I. DENOMINACIÓN E RÉXIME LEGAL
    • Artigo 1. Denominación
    • Artigo 2. Réxime legal
  • TÍTULO II. DOMICILIO SOCIAL E ÁMBITO DE ACTUACIÓN.
    • Artigo 3. Domicilio
    • Artigo 4. Ámbito de actuación
  • TÍTULO III. FINS E ACTIVIDADES
    • Artigo 5. Fins e actividades.
  • TÍTULO IV. ASOCIADOS/AS
    • Artigo 6. Composición.
    • Artigo 7. Adquisición da condición de asociado/a.
    • Artigo 8. Perda da condición de asociado/a.
    • Artigo 9. Dereitos dos/das asociados /as.
    • Artigo 10. Obrigas dos/das asociados/as.
  • TÍTULO V. ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN.
    • Artigo 11. Órganos da asociación.
    • Artigo 12. Asemblea xeral: composicións e funcións.
    • Artigo 13. Asemblea xeral: convocatorias.
    • Artigo 14. Asemblea xeral: adopción de acordos.
    • Artigo 15. Xunta directiva: composición.
    • Artigo 16. Xunta directiva: funcións.
    • Artigo 17. Xunta directiva: convocatoria e adopción de acordos.
    • Artigo 18. Presidente/a.
    • Artigo 19. Vicepresidente/a.
    • Artigo 20. Secretario/a.
    • Artigo 21. Tesoureiro/a.
  • TITÚLO VI. RÉXIME ECONÓMICO E PATRIMONIAL
    • Artigo 22. Réxime económico e patrimonial.
  • TÍTULO VII. DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN.
    • Artigo 23.- Disolución.
    • Disposición adicional.
Back To Top