skip to Main Content
> <

Presentación e obxectivos

A Asociación de Desenvolvemento Rural naceu en Lalín o 20 de agosto de 2008. Foi creada por representantes de entidades, colectivos e institucións dedicadas a dinamización e desenvolvemento socioeconómico, tanto do ámbito público como privado, dun territorio de marcado carácter rural, a Comarca de Deza, para xestionar e canalizar os recursos que desde as administracións competentes se asinaron para o desenvolvemento rural da comarca entre os anos 2008 e 2015.

A asociación constituíuse para ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, interesados en promover o desenvolvemento dos municipios que conformaban o territorio e naceu para converterse en entidade colaboradora e entidade beneficiaria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –AGADER-no marco do programa Leader de Galicia 2007-2013 na Comarca de Deza, programa que executou dende o ano 2009 ata decembro de 2015.

Xa no 2016, a asociación efectuou unha serie de cambios nos estatutos para adaptarse e poder converterse de novo en grupo de desenvolvemento rural dun territorio de actuación máis amplo, e así poder actuar como entidade colaboradora e como beneficiaria de subvencións Leader de Galicia 2014-2020, compromiso que adquiriu e que está a executar dende decembro de 2016.

  • Ámbito territorial: AGOLADA, DOZÓN, A ESTRADA, FORCAREI,LALÍN, RODEIRO, SILLEDA E VILA DE CRUCES.
  • Denominación “ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE”.

A Asociación ten a finalidade de ser núcleo de integración e de representación dos distintos axentes territoriais: instituciónais, sociais e económicos públicos e privados que estén interesados en promover o desenvolvemento do territorio e que se convierta en foro de debate continuo sobre as inquedanzas e problemas da zona, prestando especial atención ás mulleres, mozos, á protección do medio ambiente e á creación de emprego.

Documentación

Fase de Solicitude

Prazo: permanentemente aberto, non obstante existe concorrencia competitiva. As solicitudes valoraranse en bloques:
Primeiro bloque: data límite: 31 de marzo de cada ano (primeira convocatoria)
Segundo bloque (no caso de que haxa excedende de fondos non cubertos na primeira convocatoria): data límite 31 de maio de cada ano (segunda convocatoria).

Descrición

O promotor debe formalizar a súa solicitude de axuda, e dirixila ao GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 16 – TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE, tendo cumprimentado, o modelo de Solicitude de Axuda (anexo II) normalizado ao que debe acompañar unha serie de documentos adicionais.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Xunto coa solicitude de axuda os interesados deberán presentar a seguinte documentación:

  • Documentación acreditativa da personalidade do solicitante e, de ser o caso, da representación do solicitante:
    • No caso de persoas xurídicas, esta acreditación realizarase mediante un certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia. De non achegarse dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados, así como a fotocopia do NIF, no caso de denegar expresamente a súa consulta.
    • No caso de persoas físicas, esta acreditación realizarase mediante a fotocopia do DNI. Non obstante unicamente será necesario presentalo no caso de que a persoa beneficiaria lle denegue expresamente á Agader a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve.
  • Declaración censual tributaria (modelo 036 ou 037), ou compromiso de comunicar o inicio de actividade á AEAT cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial.
  • Documentación acreditativa de que se cumpre co requisito de ser pequena empresa: últimas contas depositadas no rexistro correspondente e última memoria anual de actividades aprobada pola entidade, na que figure o número de persoas empregadas do último exercicio pechado, o volume de negocio e o balance anual.
  • Informe da plantilla media de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda, expedido pola Tesoureiría Xeral da Seguridade Social.
  • Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda.
  • Memoria e resumo do proxecto, no cal se reflicta a situación de partida, os obxectivos que se perseguen coa súa posta en marcha e a metodoloxía de traballo, así como as explicacións necesarias para a correcta comprensión do proxecto. O solicitante debe ter en conta que esta información vai ser tomada en consideración para valorar o cumprimento dos requisitos dos proxectos e para aplicar os criterios de selección que o GDR teña aprobados.
    • Para proxectos de natureza produtivos, a memoria resumo do proxecto deberá incluír unha previsión do plan de empresa que abranguerá polo menos 5 anos, coa xustificación da súa viabilidade económica financeira. Entregarase en documento normalizado Modelo Plan de empresa (anexo III).
    • Para proxectos de natureza non produtivos, a memoria resumo do proxecto deberá incluír unha previsión do plan de xestión da actividade e/ou do investimento que abranguerá polo menos 5 anos. Entregarase en documento normalizado Modelo Plan de Xestión (anexo IV).
  • Orzamento de gastos, desagregados por partidas, necesarios para a execución do proxecto segundo documento normalizado Modelo Orzamento (anexo V).
  • Relación de ofertas solicitadas e elixidas, nos termos indicados no artigo 10 das bases reguladoras sobre Moderación de custes, segundo os documentos normalizados Modelo Ofertas Solicitadas (anexo VI-A) e Modelo de Declaración (anexo VI-B).
  • De ser o caso, documentación acreditativa da non suxeición ou exención do IVE, de modo que se constate que é efectivamente soportado polo beneficiario e non recuperable.
  • No suposto de investimentos en explotacións agrarias, código de explotación agraria, ou no seu defecto, rexistro oficial que corresponda á explotación agraria.
  • No suposto de proxectos de diversificación de explotacións agrarias cara actividades non agrarias (ficha de elixibilidade IV) deberá achegarse a acreditación do grao de parentesco. Neste suposto deberá achegarse tamén o certificado de empadroamento, só no caso de denegar expresamente á Agader a súa consulta.
  • Plano do Sixpac indicando as coordenadas da localización da operación.
  • No caso de empresas xa existentes, licenza de actividade do concello ou de ser o caso acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • No caso de que unha operación inclúa obra civil, anteproxecto ou memoria valorada, asinado por técnico competente na materia.
  • Calquera outra documentación ou información adicional que o interesado considere de interese para un mellor análise e valoración do proxecto.

A documentación complementaria presentarase de forma electrónica polas persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten ainda que o GDR poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

As persoas non obrigadas á presentación electrónica, ademais de electronicamente tamén poderán presentar a documentación complementaria en formato papel, presencialmente no rexistro do GDR ao que vaian dirixidas. Estas persoas tamén poderán presentar a documentación complementaria en formato papel, presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, debendo, unicamente neste caso, dirixir a documentación complementaria a Agader, coa finalidade de que sexa remitida pola Axencia aos grupos de desenvolvemento rural destinatarios da mesma.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

Fase de Xustificación dos Investimentos

Prazo: 15 de outubro de cada ano.

Descrición

Presentación de solicitudes de pagamento: o beneficiario das axudas deberá presentar a xustificación documental dos gastos ou investimentos vinculados á operación subvencionada dentro do prazo máximo previsto no calendario de xestión das bases reguladoras: a mais tardar a 15 de outubro de cada ano, pero sempre tendo en conta o que dispoña a resolución de concesión da axuda emitida polo director xeral de Agader.

Para estes efectos, o beneficiario presentará no rexistro do GDR a Solicitude de pagamento, segundo o modelo normalizado (Anexo XI das bases
reguladoras).

O promotor deberá indicar na solicitude si se trata dunha xustificación parcial ou final dos investimentos.

Documentación para a xustificación: os investimentos xustificaranse, para cada un dos gastos realizados, a través da seguinte documentación:

  • Facturas orixinais ou documentos probatorios de valor equivalente debidamente desagregadas por conceptos ou unidades de obra.

      A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao que resulta do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, entre os que cómpre destacar:

    • Data de expedición da factura
    • Número de factura
    • Datos identificativos do provedor (nome, apelidos, denominación ou razón social, NIF/CIF e domicilio)
    • Datos identificativos do destinatario do ben e/ou servizo, que deberá coincidir co beneficiario da axuda.
    • Descrición das operacións que se documentan.
    • De ser o caso, data na que se teña recibido un pago anticipado, sempre que se trate dunha data distinta á da expedición da factura.
    • IVE: tipo impositivo aplicado e cota tributaria resultante debendo, de ser o caso, especificar por separado as partes da base impoñible que estean exentas ou non suxeitas, ou aquelas suxeitas a distintos tipos impositivos.
    • En ningún caso se admitirán como xustificantes de gasto albaráns, notas de entrega, facturas proforma, tiques cando sexa obrigatoria a expedición de factura, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal.
  • A documentación acreditativa do pagamento efectivo en favor dos acredores:
    • Como regra xeral, presentarase o xustificante bancario de pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso en conta, certificación bancaria, etc.) en que conste o concepto facturado e o número de factura, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.
    • Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.) achegarase copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) na que conste claramente que dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.
    • Os xustificantes de pagamento obtidos a través da banca electrónica deberán estar validados co selo da entidade bancaria correspondente.
    • Para os efectos da súa xustificación, no caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, estes deberán incluírse, xunto coa factura, nunha única solicitude de pagamento. En ningún caso se admitirá a inclusión dos pagos restantes dunha factura en posteriores solicitudes de pagamento.
    • No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pago a factura ou facturas cuxo pago se imputa ao proxecto.
    • No caso de ordes de pago conxuntas tramitadas por administracións locais deberá achegarse certificado do secretario ou interventor que acredite que o pago da factura que se está a imputar, está incluída dentro da orde de pago achegada.
    • No caso de facturas, pagarés ou letras de cambio “endosadas” deberán contar coa correspondente cláusula de endoso no reverso do documento correctamente asinada.
    • No caso de facturas en moeda estranxeira, deben acompañarse os documentos bancarios de cargo nos que conste o cambio utilizado.

    Tanto a data das facturas como a dos xustificantes de pagamento deberán estar comprendidas dentro do período de execución e xustificación dos investimentos, é dicir, a partir do día da solicitude de axuda (con excepción dos custes xerais vinculados ao investimento sinalados na letra e) do artigo 4 do réxime de axudas, que poderán ser de data anterior), e ata a data límite de execución e xustificación dos investimentos que determine a resolución de concesión da axuda.

    Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas e conceptos de gasto do orzamento aceptadas por Agader na resolución de concesión da subvención e responder de xeito indubidable á natureza do proxecto subvencionado.

    Cando non se xustifique a totalidade do investimento ou gasto aprobado na resolución de concesión, o investimento certificarase aplicando ao investimento ou gasto subvencionable xustificado a porcentaxe de subvención concedida, sempre e cando este investimento xustificado represente cando menos o 60% do investimento aceptado na resolución de concesión da axuda e se cumpra a finalidade ou obxectivo para o que se concedeu a axuda.

    Na fase de xustificación do gasto Agader poderá contrastar os prezos achegados polo beneficiario por calquera dos medios previstos no artigo 30, número 5, da LSG co fin de comprobar que os gastos subvencionables se axustan ao valor de mercado. En caso de discrepancia minoraranse os importes aprobados na concesión da axuda.

  • Documentación acreditativa da titularidade dos terreos ou inmobles sobre os que se executa o proxecto, ou da dispoñibilidade destes durante o período mínimo equivalente ao que se vai exixir a permanencia do investimento, así como o resto da documentación que especificamente se relacione na resolución de concesión.

    Xunto coa primeira solicitude de pagamento.

  • Copia do resumo do orzamento por capítulos e da memoria do mesmo, (na primeira xustificación) e certificacións de obra asinadas por técnico competente
    • No caso dunha operación que requira proxecto técnico visado polo colexio oficial correspondente.
    • É importante que a certificación de obra se asemelle o máis posible a realidade para evitar as diferenzas entre os importes do realmente investido polo promotor xustificado mediante facturas e un importe menor nas certificacións debido a “deformación” profesional de certificar tal cal figura no proxecto orixinal sen reflectir os posibles cambios, e mais aínda tendo en conta que o que prevalece é o que figura na certificación.
  • Exemplar en soporte informático adecuado para a súa difusión nos casos de proxectos non produtivos que conleven a realización de estudos, proxectos técnicos, planos e documentos similares, así como de folletos, libros, guías, etc, sempre que sexan difundibles.
  • Copia dos temas tratados e as conclusións de seminarios ou actividades semellantes, se procede.
  • Declaración, en documento normalizado, doutras axudas concedidas e/ou solicitadas a outras entidades públicas e/ou privadas para o mesmo proxecto, con referencia, de ser o caso, ás axudas de minimis.
  • Relación dos equipamentos subvencionados no que conste a marca, o modelo e o número de serie ou referencia equivalente para a súa identificación segundo Modelo normalizado (ANEXO XII das bases reguladoras).

    A factura correspondente deberá identificar, cando menos, a marca e modelo dos equipamentos subvencionados.

  • Documentación acreditativa da nova clasificación no caso de investimentos destinados ao aumento de categoría dun establecemento turísticos aloxativo
  • Documentación xustificativa dos empregos creados e mantidos, xunto co Modelo normalizado da xustificación do emprego( anexo XIV das bases reguladoras) e a documentación acreditativa seguinte (xustificación final do pagamento):
    • Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de pagamento final.
    • Informe de plantilla media de traballadores en situación de alta durante os doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de pagamento, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
    • Copia dos contratos de traballo correspondentes aos empregos creados, debidamente comunicados ao Servizo Público de Emprego.
  • Permisos, inscricións e/ou licenzas requiridas pola normativa autonómica ou local para o tipo de actividade de que se trate, para proceder ao pagamento final do expediente.
  • No caso de que o solicitante non lle outorgue a autorización a Agader para obter de oficio os certificados acreditativos do cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de que non ten pendente de pagamento débeda ningunha coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá achegar as correspondentes certificacións.
  • Documentación adicional indicada na Resolución de Concesión de axuda.

Guía do emprendedor

Guía do emprendedor

Proxectos aprobados LEADER

A Xunta Directiva do GDR realizará e remitirá a Agader, tendo en conta o procedemento de selección e priorización de proxectos definido na estratexia, en principio unha única proposta de selección de proxectos motivada, con data límite do 30 de xuño de cada ano, para as solicitudes de axuda presentadas ata o 31 de marzo de cada ano.

Dita proposta incluirá a lista dos proxectos que se subvencionarán, ordenados de maior a menor puntuación e ata o límite máximo do crédito dispoñible de cada GDR e para cada tipoloxía de proxectos.

Unha vez realizada a proposta de resolución pola xunta directiva do GDR e no caso de existir crédito orzamentario para a anualidade correspondente, poderá realizarse unha segunda proposta de adxudicación de axudas ata o límite máximo do crédito dispoñible, con data límite do 31 de agosto de cada ano, coas solicitudes presentadas ata o 31 de maio de cada ano e que, en todo caso, conten co ICE verificado por parte de Agader.

Aquelas solicitudes que non puidesen ser atendidas no período correspondente á anualidade na que se presenten, poderán ser tomadas en consideración na anualidade inmediatamente seguinte, no caso de que o solicitante faga manifestación expresa neste sentido, sen que isto supoña preferencia ningunha como criterio de selección.

Proxectos executados

Proxecto: Instalación de pasteurizador-descremadora, e optimización de liña de envasado de iogurt

Promotor: KALEKOI SL

Proxecto: Instalación de sistemas de produción de enerxía para autoconsumo e sistemas para o aforro enerxético para explotación de vacún de leite.

Promotor: FIGUEROA FAILDE JOSÉ

Proxecto: CONSTRUCCIÓN DE NAVE E EQUIPAMENTO FABRICACIÓN DE RACKS – MONTE MERLIN.

Promotor: MONTE MERLIN SL

Proxecto: Creación de gasolineira.

Promotor: RODO SDAD, COOP. GALEGA

Proxecto: Ampliación de sidrería Peroja.

Promotor: VICTOR MANUEL VILLAVERDE PEROJA

Proxecto: Ampliación e mellora na estación de servicio coafor s.coop. Galega.

Promotor: COOP. AGRÍCOLA DE FORCAREI S.COOP. GALEGA (COAFOR)

Proxecto: TRASDEZA NATUR.

Promotor: MARIA JOSÉ TALLÓN

Proxecto: Desenrolo de páxina web e comercio electrónico.

Promotor: MONICA VEIGA GÓMEZ

Proxecto: Produción de leña Stfire.

Promotor: SEISTAG INNOVACIÓN, SL

Proxecto: Rehabilitación de muiño en Rodeiro: Punto de información.

Promotor: Concello de Rodeiro

Proxecto: Boxes en circuito A Madanela.

Promotor: Concello de Forcarei

Proxecto: Centro multiusos de inserción social.

Promotor: Concello de Silleda

Proxecto: Adquisición dun microbús para transporte de persoas con discapacidade intelectual e melloras no servizo.

Promotor: ASPADEZA

Proxecto: Recuperación e posta en valor do Castro de Doade e entorno.

Promotor: Asoc. Amigos Casa do Patrón

Proxecto: Posta en valor da aldea de codeseda e ruta circular.

Promotor: Asoc. Amigos Casa do Patrón

Proxecto: Compra transporte adaptado comarca de Deza-Tabeirós.

Promotor: AGADEA

Multimedia

Estratexia

Parte VI  Estratexia de desenvolvemento rural. Versión galego.

GDR 16_PARTE IV ESTRATEXIA_GALEGO

Parte VI  Estrategia de desarrollo rural. Versión Castellano.

GDR 16_PARTE IV ESTRATEXIA_CASTELLANO

Parte VII Plan de Cooperación. Versión galego.

GDR 16_PARTE VII_ COOPERACION_GALEGO

Parte VII Plan de Cooperación. Versión castellano.

GDR 16_PARTE VII_ COOPERACION_CASTELLANO

Parte VIII Plan Financeiro. Versión Castellano.

GDR 16_PARTE VIII PLAN FINANCIERO_CASTELLANO

Parte VIII Plan Financeiro. Versión Galego.

GDR 16_PARTE VIII PLAN FINANCIERO_GALEGO

Parte VI Plan de Formación. Versión Castellano.

GDR 16_PARTE VI PLAN DE FORMACIÓN_CASTELLANO

Parte V Normas de Xestión. Versión Galego.

GDR-16 PARTE V NORMAS XESTIÓN GALEGO V6

Parte V Normas de Gestión. Versión Castellano.

GDR 16 PARTE V NORMAS GESTIÓN CAST. V6

Parte III Territorio y población. Versión castellano.

GDR 16_PARTE III TERRITORIO Y POBLACION_ CASTELLANO

Parte III Territorio y población. Versión galego.

GDR 16_PARTE III TERRITORIO E POBOACION

Parte II Proceso participativo. Versión galego.

 

Dafo Territorio Pontevedra Norte.

4_EDLP_dafo PONTEVEDRA NORTE

Normativa

  • Normativa comunitaria:

    • Reglamento (CE) núm. 1396/2007 de la Comisión del 28 de noviembre de 2007 que corrige el Reglamento (CE) núm. 1975/2006
      Reglamento (CE) núm. 1396/2007 de la Comisión del 28 de noviembre de 2007 que corrige el Reglamento (CE) no 1975/2006, por el que se establecen disposiciones de aplicación del Reglamento (CE) no 1698/2005 del Consejo, en lo que respecta a la aplicación de los procedimientos de control y la condicionalidad en relación con las medidas de ayuda al desarrollo rural.
    • Ley 9/2007 de subvenciones de Galicia
      Ley 9/2007, del 13 de junio, de subvenciones de Galicia.
    • Plan Gallego de Controles FEADER
      El Plan Gallego de Controles FEADER establece principios básicos y disposiciones particulares en materia de planificación y ejecución de los controles en las medidas de desarrollo rural incluídas en el PDR de Galicia.
    • Mapa de ayudas regionales 2007-2013
      Ayuda estatal núm. 626/2006 – España. Mapa de ayudas regionales 2007-2013.
    • Reglamento (CE) núm. 1998/2006 de la Comisión del 15 de diciembre de 2006 (ayudas minimis)
      Reglamento (CE) núm. 1998/2006 de la Comisión, del 15 de diciembre de 2006, relativo a la aplicación de los artículos 87 y 88 del Tratado a las ayudas de minimis.
    • Reglamento (CE) núm. 1974/2006 de la Comisión del 15 de diciembre de 2006 (aplicación FEADER)
      Reglamento (CE) núm. 1974/2006 de la Comisión, del 15 de diciembre de 2006, por el que se establecen disposiciones de aplicación del Reglamento (CE) no 1698/2005 del Consejo relativo a la ayuda al desarrollo rural a través del Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER).
    • Reglamento (CE) núm. 1975/2006 de la Comisión del 7 de diciembre de 2006
      Reglamento (CE) núm. 1975/2006 de la Comisión, del 7 de diciembre de 2006, por el que se establecen disposiciones de aplicación del Reglamento (CE) no 1698/2005 del Consejo en lo que respecta a la aplicación de los procedimientos de control y la condicionalidad en relación con las medidas de ayuda al desarrollo rural.
    • Reglamento (CE) núm. 1320/2006 de la Comisión del 5 de septiembre de 2006 (Transición Feader)
      Reglamento (CE) núm. 1320/2006 de la Comisión, del 5 de septiembre de 2006, por el que se establecen normas para la transición a la ayuda al desarrollo rural establecida en el Reglamento (CE) núm. 1698/2005 del Consejo.
    • Corrección de errores del Reglamento (CE) núm. 1083/2006 del Consejo del 11 de julio de 2006
      Corrección de errores del Reglamento (CE) núm. 1083/2006 del Consejo, del 11 de julio de 2006, por el que se establecen las disposiciones generales relativas al Fondo Europeo de Desarrollo Regional, al Fondo Social Europeo y al Fondo de Cohesión, y se deroga el Reglamento (CE) núm. 1260/1999.
    • Real decreto 887/2006, del 21 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley 38/2003 del 17 de noviembre
      Real decreto 887/2006, del 21 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley 38/2003, del 17 de noviembre, general de subvenciones (BOE núm. 176, del 25.07.2006).
    • Reglamento (CE) núm. 1083/2006 del Consejo del 11 de julio de 2006 (Fondos Europeos)
      Reglamento (CE) núm. 1083/2006 del Consejo, del 11 de julio de 2006, por el que se establecen las disposiciones generales relativas al Fondo Europeo de Desarrollo Regional, al Fondo Social Europeo y al Fondo de Cohesión, y se deroga el Reglamento (CE) núm. 1260/1999.
    • Directrices sobre las ayudas de Estado de finalidad regional para el período 2007-2013
      Directrices sobre las ayudas de Estado de finalidad regional para el período 2007-2013 (2006/C 54/08). (Texto pertinente a efectos del EEE).
    • Reglamento (CE) núm. 1698/2005 del Consejo del 20 de septiembre de 2005 (FEADER)
      Reglamento (CE) núm. 1698/2005 del Consejo, del 20 de septiembre de 2005, relativo a la ayuda al desarrollo rural a través del Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER).
    • Reglamento (CE) núm. 1290/2005 del Consejo del 21 de junio de 2005
      Reglamento (CE) núm. 1290/2005 del Consejo, del 21 de junio de 2005, sobre la financiación de la política agrícola común.
  • Normativa Estatal:

    • Real decreto 887/2006, del 21 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley 38/2003 del 17 de noviembre
      Real decreto 887/2006, del 21 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley 38/2003, del 17 de noviembre, general de subvenciones (BOE núm. 176, del 25.07.2006).
    • Ley 38/2003 general de subvenciones del 17 de noviembre
      Ley 38/2003, del 17 de noviembre, general de subvenciones (BOE núm. 276, del 18.11.2003).
  • Normativa autonómica:

    • Ley 9/2007 de subvenciones de Galicia
      Ley 9/2007, del 13 de junio, de subvenciones de Galicia.
    • Plan Gallego de Controles FEADER
      El Plan Gallego de Controles FEADER establece principios básicos y disposiciones particulares en materia de planificación y ejecución de los controles en las medidas de desarrollo rural incluídas en el PDR de Galicia.
Back To Top