skip to Main Content
><

Convocatorias de axudas

A Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza, en reunión da Xunta directiva, celebrada o día 3 de xuño de 2014, aprobou entre outros o seguinte acordo. Apertura da Convocatoria para a presentación de solicitudes de axuda do programa Leader Galicia 2007-2013, Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza. Anualidades 2014 e 2015. Prazo de solicitude: O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará o día 13 de xuño de 2014 e rematará o 31 de marzo de 2015 (ou no momento no que se comprometan os fondos dispoñibles). Ámbito de actuación: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. Réxime de axudas: RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2013, do director xeral de Agader, pola que se aproba o novo marco financeiro do programa Leader Galicia 2007-2013, cofinanciado con Feader, e se modifican as bases reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural e para a selección e o recoñecemento de entidades colaboradoras na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013, aprobadas polo Acordo do Consello de Dirección de Agader do 30 de maio de 2008. Dotación orzamentaria: 2014: 359.435,17 € 2015: 440.564,83 € O importe dispoñible desta nova convocatoria resultará do remanente que poida quedar despois de emitir as resolucións de axuda para aqueles proxectos que quedasen pendentes de resolución da convocatoria anterior, tal e como se establece no punto XVI. Réxime transitorio, das bases reguladoras. Lugar e forma de presentación: Os promotores deberán presentar a documentación correspondente, no rexistro das oficinas da ADR Terras do Deza. Máis información: Asociación Desenvolvemento Rural Terras do Deza Polígono Industrial Lalín 2000. Rúa E.sn 36500 Lalín Pontevedra Tel. 986 794463 / email. info@gdrterrasdodeza.com

Baremos

BAREMO PARA A AVALIACIÓN DOS PROXECTOS

Unha vez que o promotor presente no GDR a súa solicitude de axuda, xunto coa documentación necesaria para a súa admisión, o GDR procederá a elaborar o Informe de Control de Elixibilidade (ICE) co resultado da avaliación e baremación do proxecto. O ICE informará de se o proxecto é elixible e da súa puntuación total para a posterior asignación da porcentaxe de axuda. Para a realización do ICE aplicarase o BAREMO aprobado pola Xunta Directiva e posteriormente por AGADER e que se presenta a continuación. Existe un baremo diferenciado para proxectos produtivos e para proxectos non produtivos.

Documentos de solicitude de axuda

Documentación necesaria

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE AXUDA POR PARTE DO PROMOTOR

O promotor debe formalizar a súa solicitude de axuda, dentro do plazo establecido, na sede do GDR coa entrega por TRIPLICADO do modelo de SOLICITUDE DE AXUDA ao que debe acompañar unha serie de documentos adicionais:

DOCUMENTACIÓN ADICIONAL (orixinais e 2 copias)

  • Documentación acreditativa da personalidade xurídica do solicitante do solicitante e, de ser o caso, do seu representante legal (NIF, DNI, CIF).
  • Declaración censal tributaria (modelo 036 ou 037), ou compromiso de comunicar o inicio da actividade á AEAT cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial.
  • Tratándose de persoas xurídicas, escritura de constitución e dos estatutos da entidade solicitante, debidamente inscritos no rexistro competente.
  • Últimas contas depositadas no rexistro correspondente e última memoria anual na que figure o nº de empregados, o balance anual e volume de negocio do último exercicio pechado. Informe da vida laboral da empresa emitido pola Tesouraría xeral da seguridade social referido ao ano anterior ao de presentación desta solicitude.
  • Declaración doutras axudas concedidas e/ou solicitadas segundo o modelo normalizado MODELO DECLARACIÓN DOUTRAS AXUDAS.
  • Orzamento detallado dos gastos necesarios para execución do proxecto segundo o modelo normalizado MODELO ORZAMENTO DETALLADO,con indicación das partidas que supoñan unha achega en especie ou aportación de medios humanos propios.
  • Plan de empresa segundo modelo normalizado. MODELO RESUMO DE PROXECTO E PLAN DE EMPRESA.
  • Para cada gasto proposto superior a 12.000€ no caso de subministración de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas se consultaría ou asistencia técnica (ou 30.000€ no suposto de obra civil) débese cubrir o modelo da RELACIÓN DE OFERTAS SOLICITADAS E ELIXIDAS.
  • Plan de xestión segundo o modelo normalizado no caso de proxectos non produtivos. MODELO PLAN DE XESTION PROXECTOS NON PRODUTIVOS.
  • Certificado da AEAT do réxime de aplicación do IVE, no suposto de que solicite exención.
  • Código de explotación agraria no suposto de investimentos no sector agrario.
  • Certificación da entidade financeira na que conste o número da conta onde desexa percibir a subvención.
  • Calquera outra documentación ou informaci´pon que o interesado considere interesante para a análise do proxecto.

Obligacións de publicidade

Os promotores dos expedientes deben adoptar as medidas de difusión e publicidade, nos termos que a continuación se especifican:Os gastos derivados da instalación de placas e paneis, terán a consideración de custo elixible.
  • No suposto de investimentos en obra civil, mediante a instalación dunha placa cos logotipos das administracións que cofinancian o proxecto e o logotipo de Leader Galicia 2007-2013, segundo o modelo que o GDR TERRAS DO DEZA, facilitará aos promotores. “MODELO DE PLACA”.
  • Cando os investimentos en obra civil sexan de importe superior a 50.000 € haberá de colocarse un PANEL PUBLICITARIO, segundo o modelo que os GDR facilitarán aos promotores.Este panel manterase visible durante a execución do proxecto e ata a certificación final. No caso das infraestruturas e investimentos por importe superior a 500.000 € este panel terá carácter permanente. “MODELO VALADO DE OBRA”.
  • Se o investimento consiste en maquinaria ou elementos móbiles, mediante a colocación dun ADHESIVO PERDURABLE cos logotipos das administracións financiadoras e o logotipo de Leader Galicia 2007-2013.
  • Tratándose de estudos, publicacións e outros materiais gráficos, mediante a INCLUSIÓN DOS LOGOTIPOS das administracións financiadoras e o logotipo de Leader Galicia 2007-2013 nas portadas ou contraportadas.
  • As publicacións, carteis, audiovisuais e calquera información ofrecida por medios electrónicos que versen sobre medidas e actividades cofinanciadas por Feader indicarán claramente na páxina de portada a participación da comunidade e a contribución do Feader ao financiamento.
  • Os sitios web, ademais, deberán incluír un enlace co sitio web da Comisión dedicado ao Feader.
Importante!!: debedes cinguirvos aos modelos facilitados. Non poderán figurar logotipo algún doutra administración ou entidade.
Back To Top